Información
Xunta de Galicia

Sr D. Alberto Núñez Feijóo, as condicións de hospitalización baixo seu goberno na Xunta son "propias do século XIX" na Psiquiatría do Hospital de Oza

Información
14 Julio 2019 1701 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Comisión de Centro do CHUAC insta a Xerencia gobernada por altos cargos afins ao PPdeG a tomar medidas urxentes.

 

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) esixe da Xerencia e da Consellería que cumpran coas súas obrigas e fagan actuacións urxentes e inmediatas para corrixir as condicións de hospitalización da Unidade de Psiquiatría do Hospital de Oza.

As condicións desta unidade, debidas a unha situación de sobreocupación permanente e as súas pésimas características estruturais (habitacións múltiples sen baños, escaseza de espazo, falta de salas e espazos para a atención dos pacientes, uso inadecuado das habitacións para coidados especiais,…) poderían cualificarse, segundo advirte a Comisión de Centro, como “condicións 'semi-manicomiais', máis propias dunha institución do século XIX que dun hospital público do século XXI".

 

Apuntan que o espazo físico da unidade é insuficiente para unha ocupación con 31 pacientes, o que implica un estado permanente de masificación. A isto súmase unha pésima infraestrutura: non existen habitacións individuais, a metade dos cuartos non teñen baño, os pacientes só dispoñen de dúas duchas e dous retretes de uso colectivo para homes e dúas para mulleres, e faltan salas e persoal para a práctica de coidados e terapias. "E hai que engadir as deficitarias condicións de seguridade do mobiliario e dos materiais e os incumprimentos das medidas básicas de hixiene, seguridade e prevención de riscos".

Ingreso ordinario de pacientes en habitacións de coidados especiais

"E se unha dotación de 31 camas xa implica un estado de masificación permanente da unidade, a sobreocupación sistemática por enriba desta cifra (ao empregarse para o ingreso ordinario as habitacións de coidados especiais) resulta asistencialmente insoportábel", denuncia a presidenta da Comisión, María Seijo (CIG). Estas habitacións, destinadas a pacientes que precisan dunha atención especial e individual por presentar unha situación aguda, por existir risco de auto/hetero agresividade, por ter unha indicación de contención mecánica, etc.,  deberían de estar sempre dispoñíbeis para o seu uso nas situación que así o esixen. "Resulta inaceptñabel o ingreso ordinario de pacientes nestas habitacións ou o seu uso compartido".

Estas condicións no só atentan contra a dignidade persoal e os dereitos dos e das pacientes, senón que poden resultar nocivas para as persoas ingresadas en psiquiatría, xa que teñen grande transcendencia na abordaxe e coidado de pacientes en situación aguda e moi vulnerables ás características da súa contorna.

A Xerencia coñece esta grave situación dende hai meses

Seijo subliña que a Xerencia é plenamente coñecedora desta grave situación dende hai meses, pois foille transmitida tanto pola Comisión de Centro como polos/as profesionais de enfermaría da unidade en reiteradas ocasións, demandándolle a necesidade dunha reforma integral pero tamén de adoptar medidas urxentes que aseguren un límite máximo de ocupación e a erradicación do uso inadecuado das habitacións de coidados especiais (ingreso ordinario, usos compartido, uso mixto).

"Pero transcorridos case seis meses, as pésimas condicións da unidade mantéñense inalterábeis, persistindo a mesma situación de sobreocupación e masificación extrema, polo que a Comisión de Centro publicamente insta a Xerencia e a Consellería de Sanidade a cumprir coas súas obrigas para cos doentes que teñen un problema de saúde mental. Se non cumpren coa súa responsabilidade, a Comisión de Centro xunto cos profesionais da unidade farán un chamamento á poboación para que se sume ás mobilizacións para esixir a corrección dunha situación asistencialmente inaceptable, lesiva e discriminatoria".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+