Información
Xunta de Galicia

Ana Miranda traslada á Comisión Europea a deixadez do Goberno de Feijóo ante a destrución das dunas da praia de Barrañán

Información
23 Junio 2019 1612 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitou hoxe a praia de Barrañán, en Arteixo, xunto ao actual deputado provincial, Xurxo Couto, para denunciar a destrución das dunas debido a un recheo realizado no areal. No transcurso da visita Miranda anunciou que trasladará a Comisión Europea a actuación autorizada pola Autoridade Portuaria de Coruña e realizada o pasado 21 de maio mediante maquinaria pesada.

 

“Estamos diante dun novo caso de falta de respecto á Rede Natura 2000 e o depósito de verquidos sen ter en conta as consecuencias para o medio ambiente”, salienta a eurodeputada nacionalista, quen lembra asemade que a Lei de Costas é moi restritiva coa presenza de maquinaria pesada nunha contorna protexida, como o caso da praia de Barrañán, que ademais forma parte do Lugar de Interese Comunitario Costa da Morte (LIC).

Xurxo Couto lembra que o BNG de Arteixo rexistrou o pasado 22 de maio un escrito dirixido a Demarcación de Costas do Estado, Autoridade Portuaria da Coruña, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, ao Ministerio da Transición Ecolóxica e ao Concello de Arteixo para solicitar explicacións ante esta destrución de parte das dunas de Barrañán.

“Emitimos ese escrito para que nos comuniquen as autorizacións e informes cos que conta a obra así como se nos facilite, se existe, un estudo sobre a afectación da obra do porto exterior de Punta Langosteira, xa que atopamos restos de cemento”, afirmou o deputado provincial, “Esiximos ademais que se adopten as medidas necesarias para evitar este tipo de actuacións nun sistema dunar protexido e, actualmente, en época de cría de aves”, explica.

Rexeneración dos sistemas dunares

Para o Bloque é fundamental desenvolver propostas para a protección do medio ambiente, sobre todo tendo en conta que a costa de Arteixo está sufrindo un desgaste importante pola construción do porto exterior, xa que o dique de Punta Langosteira, con máis de tres quilómetros, afecta á dinámica costeira dunha gran área. “A rexeneración da costa e dos sistemas dunares é una prioridade”, salientaron no transcurso da visita.

“A defensa que estamos facendo desde o BNG da calidade das augas atinxe non só ás zonas portuarias e aos ríos, senón tamén aos areais”, subliña Ana Miranda, ao tempo que lembra que a presión exercida xunto a diversos colectivos medioambientais foi fundamental para conseguir que a Comisión de Peticións reabrise, na súa sesión do pasado mes de xaneiro, o informe sobre a falta de saneamento integral das rías do Burgo e de Vigo.

A eurodeputada do Bloque afirma que a análise da contaminación da auga e as súas consecuencias, enmarcada no cumprimento da Directiva Marco da Auga, será unha das liñas de traballo que desenvolverá na Eurocámara ao longo da vindeira lexislatura. “Estaremos vixiantes ademais sobre a correcta execución dos fondos comunitarios”, engadiu.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+