Información
Xunta de Galicia

Os concursos permanentes ou como rematar co caciquismo na Xunta orquestado polo PPdeG

Información
24 Abril 2019 6799 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Imaxinade que queda unha vacante nun lugar que vos interesa ou hai un posto de nivel apetecible. Imaxinade que a solicitades e imaxinade que a solicitan 9 persoas máis. Ata aquí nada difícil de imaxinar. Agora ben, imaxinade que o posto llo asignan a persoa que teña máis puntos segundo o baremo do último concurso. Imaxinade tamén que se puidera actualizar ese baremo no primeiro trimestre de cada ano. Poñede ese baremo nunha disposición xeral e teríamos un concurso permanente.

Na antiga lei da Función Pública se recollía que os concursos de traslados serán anuais e nunca se cumpriu; na actual, os concursos non se enfocan como un dereito senón un sistema de xestión de recursos humanos e proba disto é que borraran calquera referencia temporal. Iso cando non o enfocan como unha ferramenta de propaganda eleitoral. O V Convenio Colectivo do Persoal laboral si chega a falar do concurso de traslados permanente pero dado o xiro da funcionarización, a Xunta non parece interesada en permitirlles tampouco a mobilidade.
 

A realidade diaria son moreas e moreas de comisións de servizo e adscricións temporais ditadas con absoluta arbitrariedade (salvo no persoal laboral que teñen como criterio obxectivo a antigüidade e a pertenza ao centro – e aquí si se cumpre, non como no persoal funcionario-). Só en 2018 houbo 1924 anuncios de comisións de servizo para persoal funcionario. Así pois, aínda esquecendo o concurso como dereito, sí que semella necesario un concurso como sistema de xestión ordinaria dos recursos humanos.
 
 

Pero desde a CIG reclamamos que o concurso se interprete tamén como un dereito, un dereito á mobilidade, a conciliación familiar e á carreira profesional, que a día de hoxe, é a única forma obxectiva de conseguir un posto de maior responsabilidade e retribución. E un dereito regular e para todas as traballadoras e traballadores públicos, que parece que fóra dos corpos xerais o concurso de traslados é algo extraordinario, igual cada 10 anos, con sorte.

Anuncia o director da Función Pública: que para o persoal funcionario haberá concurso para maio de 2019 máis está a cousa parada desde finais de marzo, serían 4 anos desde a anterior convocatoria; inasumíble.  Anunciara tamén o conselleiro en 2015 que os concursos na Xunta serían  "máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade" pero agora o que temos, case 4 anos despois é un borrador dun concurso normal e un borrador tamén dun decreto de provisión que fala de que "poderá" haber concursos abertos e permanentes.

Nós propoñemos concurso permanente e aberto para todas as traballadoras e traballadores públicos por dous motivos: 1) garante a cobertura baixo demanda de postos públicos por criterios obxectivos e 2) non se producen desequilibrios organizativos na Administración autonómica ao andar saltando de posto a posto ao mesmo tempo centos de persoas.

Estes dous aspectos non só son bos para a gran maioría de traballadoras e traballadores públicos que poden facer carreira administrativa sabendo ao que aterse e con certas garantías, senón tamén para a cidadanía que recibe un servizo profesional e independente. Non entendemos que a Xunta poña por diante os seus intereses de seguir controlando caciquilmente a cobertura dos postos de concurso por diante, xa non dos nosos dereitos, senón do bo funcionamento da Administración e das garantías de servizo á cidadanía.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago