Información
Xunta de Galicia

OS SOCIALISTAS ACUSAN AO GOBERNO DE FEIJOO (PPDEG) NA XUNTA DE TER INCREMENTADO A DÉBEDA EN 6.483 MILLÓNS DE EUROS DENDE 2009

Información
12 Abril 2019 4914 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de ter disparado a débeda de Galicia en 6.483 millóns de euros dende 2009, un 133 por cento en só dez anos.

 

Na comparecencia do director xeral de Política Financeira en Comisión parlamentaria, a responsable socialista criticou que excesivo esforzo da Xunta para o pago da débeda impide destinar fondos á mellora dos servizos públicos.

Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego teña incrementado en 1.274 millóns de euros a contía anual que dedica a amortizar a débeda e o pago de xuros, dende os 394 millóns de 2009 aos 1.678 millóns que pagará en 2019. Ademais, censurou que este incremento da débeda non se teña traducido na mellora da sanidade pública, como tiñan reclamado os socialistas galegos.

A responsable socialista sinalou que “ten coña” que logo dunha campaña orquestrada polo presidente da Xunta para reclamarlle ao goberno do Estado que liberara o uso do superávit para investimentos na sanidade pública, fora o PP o único partido que votara en contra desta medida cando chegou ao Congreso dos Deputados.

 

Lembrou que a Lei 2/2011 de 16 de xuño de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, impulsada por Feijóo e aprobada polo PP no Parlamento de Galicia, limita o uso do superávit a reducir déficit e endebedamento. Aquela norma adiantouse á “doutrina Montoro – Rajoy”, fixada na Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012 primeiro e despois nas sucesivas leis de orzamentos para “embridar” ás comunidades autónomas e que tamén impedían destinar o superávit á sanidade.

Rebaixa fiscal

A responsable socialista alertou hoxe fronte á redución drástica de ingresos para os servizos públicos de Galicia que pode provocar a proposta de rebaixa fiscal do PP. Explicou que Galicia recibe 2.067 millóns de euros polo IRPF, 218 polo imposto de Sucesións, 80 por Patrimonio e outros 78 millóns procedentes do imposto de actos xurídicos documentados.

Rodríguez Rumbo esixiulle ao goberno galego que explique “que vai facer, como pensa administrar unha falla importantísima de recursos que pode provocar Pablo Casado” no caso de obter apoio suficiente nas próximas eleccións xerais. Advertiu que “nada é gratuíto, nin a sanidade, nin a educación nin as escolas infantís”, e esixiu un “posicionamento claro” do goberno galego no caso de que goberne o “tripartito de dereitas”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+