Información
Vigo

Caballero sostén que a Xunta de Galicia debe pagar integramente o transporte metropolitano

Información
15 Marzo 2019 630 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O rexedor defende que é o goberno autonómico quen debe asumir ese custo ao tratarse dun transporte interurbano entre diferentes municipios, polo que Vigo non pagará "mentres eu sexa alcalde". 


Ao respecto do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, Abel Caballero criticou este xoves que a Xunta "siga no seu empeño de facer que Vigo pague os autobuses dos cidadáns que non son de Vigo", ata o punto de ter condicionado a Área Metropolitana a que "pagaramos ese imposto para que o usen os de fóra mentres Vigo paga relixiosamente". 

Así, apuntou, pode darse o paradoxo de que "un cidadán de fóra use gratis o autobús de Vigo mentres os de Vigo si que o pagamos, algo que non pasará mentres eu sexa alcalde".

"Vigo non vai pagar o transporte dos veciños de fóra de Vigo, ten que pagalo a Xunta", incidiu o rexedor, quen sostén que o Plan de Transporte Metropolitano é "transporte interurbano, entre diferentes municipios e debe pagalo integramente a Xunta, non os cidadáns de Vigo a outros de fóra". 

Otros articulos relacionados.....