Vigo dá todo o seu apoio e o do goberno local á manifestación en favor da sanidade pública e contra as políticas de Feijóo

Información
Vigo | 21 Enero 2019 | 1319 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Abel Caballero recibiu este luns aos representantes sindicais da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo ante a convocatoria da manifestación para o vindeiro xoves en defensa da sanidade pública. "A mellora da atención sanitaria é un dos obxectivos políticos da cidade", sinalou.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse este luns a apoiar as reivindicacións dos sindicatos da área sanitaria ante a nova convocatoria para manifestarse o vindeiro xoves (20:00 horas) polas rúas da cidade (entre Praza de España e Porta do Sol).

O rexedor mantivo unha xuntanza na Alcaldía con representantes sindicais de CCOO, CSIF, CIG e SAE na que constatou "as deficiencias da sanidade na cidade, algo tan evidente e obvio que o propio Feijóo xa o recoñece".



"Os traballadores piden o noso apoio e o teñen, porque sempre defenderemos a sanidade pública, é un dos grandes obxectivos da cidade, a mellora da atención sanitaria, que se faga máis robusta, acabar coas evidentes deficiencias dun hospital privado no que temos que construír un segundo aparcamento porque é un copago sen alternativas, enfermos e por riba pagando", sinalou Caballero.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600