Información
Vigo

O orzamento municipal de VIGO alcanzará en 2019 os 257,5 millóns nas mans de Abel Caballero

Información
18 Octubre 2018 1836 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Vigo contará cun orzamento aprobado en tempo e forma por duodécimo ano consecutivo, "a primeira vez que isto pasa na cidade", dixo o rexedor antes de avanzar que as contas municipais para 2019 alcanzarán os 257,5 millóns, un millón máis que en 2018, cando a cifra xa era "excepcional" -con 256,5 millóns-, dado que incluía unha importante partida de fondos DUSI.


O rexedor cualificou o orzamento de equilibrado -que acabará con superávit-, mantendo a débeda 0 e coa presión fiscal máis baixa das seis grandes cidades de Galicia. Tal e como detallou, Ourense ten una presión por habitante de 746 euros; Santiago, de 676 euros; Pontevedra, 616 euros; A Coruña, 613 euros; Lugo, 584 euros e Vigo, 550 euros. Engadiu que en 2019 se conxelarán os impostos, taxas e prezos públicos a pesares de que o IPC subiu nun 1,5. Esta rebaixa real de impostos ascende a 3 millóns de euros que os cidadáns de Vigo deixarán de pagar, uns beneficios aos que hai que sumar bonificacións fiscais que tamén se verán incrementadas.

Respecto das grandes cifras, os investimentos que dependen do Concello ascenderán a 30.139.367 euros, "a cifra máis alta de ningunha cidade de Galicia" o que supón un aumento de 6 millóns respecto ao ano pasado, un 17,2%. Nesta partida hai que ter en conta 3,3 millóns que xa están consignados para a Panificadora así como a diferencia dos fondos DUSI.

Outro dos eixos fundamentais do documento é a acción social, con 17,5 millóns -2,7 millóns máis que en 2018, o que supón un aumento dun 18,2%, "de longo, a maior política social de ningún concello de España", precisou Caballero.

Estas contas permitirán seguir transformando a cidade continuando coa "estimulación da economía, cos grandes investimentos e cunha enorme vocación social". Rematou explicando que nestes momentos estanse a tramitar os informes técnicos antes de levar en pouco máis dunha semana o documento á Xunta de Goberno para ser posteriormente referendado nun pleno extraordinario antes de que remate o ano.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+