Abel Caballero regala 65.000 euros para as carrozas de Reis de Vigo, no hay coñecemento de que regalara un solo euro para os desfavorecidos ou nenos que non poden acceder a regalos nen aos reis magos

Información
Vigo | 18 Octubre 2019 | 2985 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

En rolda de prensa despois da Xunta de Goberno Local deste xoves, Abel Caballero deu conta da aprobación do expediente de contratación do deseño e produción das cinco carrozas municipais para a próxima cabalgata do 5 de xaneiro, contrato para o que o Concello reserva 65.000 euros. O alcalde desvelou a temática do desfile de reis, que se baseará en personaxes e animais de contos e historias da infancia.

Ademais, e dentro da mesma cuestión, o goberno de Vigo aprobou as bases de participación do concurso "Vente cos Reis Magos", co obxectivo de seleccionar 40 nenos e nenas -e suplentes- que acompañarán aos reis na cabalgata. Poden optar os nacidos entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2011, presentando no rexistro xeral a inscrición, documento que pode descargarse na web do Concello e estará dispoñible en colexios, asociacións culturais e oficinas descentralizadas municipais.

O prazo para anotarse comezará ao día seguinte da publicación na páxina web municipal e ata o 16 de decembro. O sorteo se realizará o 20 de decembro ás 19h no auditorio municipal do Concello.