Información
Santiago

Milleiros de persoas de Compostela saen á rúa contra as políticas de Feijóo nas urxencias do Hospital Clínico

Información
10 Enero 2019 679 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Nin o anunciou de vaga de frío impediu que miles de composteláns se sumaran ás traballadoras e traballadores do servizo de Urxencias do Hospital Clínico, en folga desde o pasado día 12 de novembro, para reclamar os recursos humanos e medios materiais necesarios para a prestación dunha atención sanitaria digna.

 

A eles sumáronse as traballadoras e traballadores de PACs en Pé de Guerra, tamén en folga indefinida; o persoal de ambulancias, en loita por un convenio digno; o persoal da central de chamadas do servizo de emerxencias 061, xestionado polo Grupo Norte e que xa anunciaron que volverán a folga o vindeiro día 21 de xaneiro; SOS Sanidade Pública e outras asociacións de usuarios e usuarias.

A manifestación partiu da Praza Roxa e percorreu as rúas de Compostela para rematar na Praza de Praterías baixo o lema “Por unha sanidade pública de calidade: Urxencias dignas xa!!!”

O atleta internacional, Pedro Nimo del Oro, que foi o encargado de dar leitura ao manifesto,  “Para unha Sanidade digna” arrincou a súa intervención afirmando que “sempre crin que a maior satisfacción persoal chega cando un é ‘culpábel’ da felicidade e do benestar dos demais”, para a partir de aí lembrar que a sanidade pública foi, durante anos, “un dos grandes logros da nosa sociedade” e o noso persoal sanitario e de servizos, ten tan “excelente reputación” alén das nosas fronteiras, que todos e cada un de nós somos quen de presumir de ter unha sanidade ao máis alto nivel e ao servizo e alcance de todas as persoas, porque, remarcou, “é un ben público”.

Fronte a isto lamentou ver que, de un tempo a esta parte, “lonxe de facilitarlles o traballo, lonxe de valoralos e motivalos, estruchámolos”. Neste sentido, denunciou a redución da ratio de profesionais por doente e servizo e alertou do custo que isto ten “xa que a presión e a carga asistencial á que se vén sometidos/as pode causar erros e os erros, poden custar vidas”.

Alertou de que esa presión fai que a “eficiencia e trato” poidan resentirse chegando mesmo a ter doentes nos corredores ou ter estes que agardar durante horas para recibir unha atención digna e denunciou que “o material é, en moitos caso, obsoleto e isto dificulta aínda máis o traballo do perosla e con iso a satisfacción e confianza do/a paciente”.

As razóns da folga

Tamén deu conta das razóns da folga que, matizou, “non é unha folga para luxos, excepcións ou privilexios”, senón unha folga para que tanto o persoal sanitario como o de xestión de servizos “poidan exercer o seu traballo dunha forma digna e segura, de xeito que poidan ofrecer un servizo con garantías e un trato a nivel humano e profesional con toda a ética e garantías necesarias”.

Por todo iso amosou a súa “gratitude e apoio” a todas as persoas que a diario traballan neste servizo e que, “aínda nestas circunstancias, amosan a súa mellor versión tanto a nivel humano como profesional”.

Nimo concluíu asegurando que “non se poden abrir hospitais, centos de saúde ou PACs se non temos o persoal suficiente co que dotalos” e reiterou o seu apoio porque o que piden é “o mínimo necesario para estar ao servizo dos demais con garantías”.

Otros articulos relacionados.....
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)