Información
Santiago

A USC rexistrou neste semestre do curso 18-19 un total de 792 movementos de estudantes a nivel internacional entre todos os seus programas de mobilidade: Erasmus, Erasmus Mundus, convenios bilaterais ou extracomunitarios.

Información
15 Noviembre 2018 766 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Detalle do stand dedicado a México, país do que estudan na USC 112 estudantes.

A USC rexistrou neste semestre do curso 18-19 un total de 792 movementos de estudantes a nivel internacional entre todos os seus programas de mobilidade: Erasmus, Erasmus Mundus, convenios bilaterais ou extracomunitarios. A cifra aumentará ata aproximadamente mil estudantes, co alumnado que se estima se incorporará no segundo semestre. Os datos foron achegados na apertura da sétima edición do ‘International Day’, unha iniciativa a Vicerreitoría de Estudantes e Internacionalización da USC en colaboración coa Asociación Erasmus Compostela, que se celebrou hoxe na Facultade de Medicina.



O acto de presentación contou coa participación de Enrique López Veloso, xefe do Servizo de Relacións Exteriores da USC; a presidenta da Casa Galicia Japón, Megumi Shiozawa; e da secretaria da Facultade de Medicina, María Teresa Castaño Oreja. López Veloso destacou a importancia da internacionalización na Universidade compostelá e a dimensión que adquiriu o Servizo que dirixe no transcurso dos últimos 20 anos, tanto en número de programas de mobilidade, persoal encargado da súa xestión como na ampliación da áreas xeográficas dos convenios. Nesta liña, explicou que “a USC, que ocupa a terceira posición en Europa na coordinación de proxectos, segue a traballar na mellora continua dos procesos para optimizar a calidade dos mesmos e atraer e captar talento”.

Os quince países representados no International Day 18 foron Italia, Arxentina, Palestina, Guinea-Bissau, Alxeria, México, Marrocos, Austria, Afganistán, Perú, China, Lituania, Xapón, Xordania e Corea do Sur.  Italia, con 127 estudantes, e China con 125, son os países de orixe da maioría do alumnado pertencente aos programas de mobilidade internacional. Séguenlle México, con 112 estudantes, Brasil con 38 e Alemaña, con 35.

Receitas gastronómicas da man do CSHG
Este ano o evento contou cunha colaboración moi especial que tivo como protagonista a cultura gastronómica internacional. Alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), coordinados polo profesor responsable do Departamento de Cociña, Roberto Walther Schnellbach, elaboraron a tarde anterior xunto a estudantes internacionais, cinco receitas tradicionais de China, Perú, México e Xapón, que formaron parte da mostra gastronómica do evento. Ao longo da xornada tamén se organizaron mostras de canto, música e baile e entregáronse os premios ao ‘Mellor stand’ e a ‘Mellor actuación en artes escénicas”, dotados ambos os dous cunha cesta de produtos típicos galegos.

A celebración do “ International Day 18” inscribiuse nesta edición dentro dos eventos conmemorativos do 150 Aniversario do establecemento de Relacións Diplomáticas entre Xapón e España.

Otros articulos relacionados.....
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)