Información
Santiago

O alcalde de Santiago Martiño Noriega visita a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Información
23 Abril 2016 5661 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Santiago visitou onte pola tarde a sede da Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires, na súa terceira xornada na capital arxentina. Martiño Noriega estivo acompañado polo presidente da Federación, Francisco Lores, e por varios membros da directiva, nun percorrido no que puido coñecer o funcionamento da entidade, un dos motores culturais da comunidade galega en Bos Aires. O alcalde agradeceu "o recibimento á delegación compostelá, así como todo o traballo en prol de manter a comunidade galega e a súa identidade tamén nas xeracións mais novas". Noriega coñeceu tamén de primeira man o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), así como a biblioteca vinculada á Federación. O MEGA ofrece unha mostra do patrimonio inmaterial e material da colectividade galega e conxuntamente coa biblioteca son espazos para o estudo e a aprendizaxe sobre a emigración.

 

Conferencia de Teresa Moure
A visita da comitiva de Santiago finalizou no salón "Arturo Cuadrado" da sede da Federación. Alí ofreceu unha conferencia a escritora compostelá Teresa Moure, encadrada no programa de actividades da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que nesta edición ten a Santiago como cidade invitada. A autora, que foi presentada polo alcalde, foi un dios nomes propostos polo Concello para representar á cidade na capital arxentina. Teresa Moure mostrou a súa visión sobre a literatura galega no seu percorrido histórico e sobre os retos que afronta para o futuro próximo.

Presentación do Mapa Literario de Santiago de Compostela


 Na axenda da delegación compostelá en Bos Aires, a concelleira de Acción Cultural presentou onte o Mapa Literario de Santiago de Compostela. Foi nun dos lugares máis emblemáticos da capital arxentina: a libraría Eterna Cadencia. Branca Novoneyra explicou que o mapa, dispoñible en papel e nunha app para móbiles, permite descubrir diferentes lugares de Compostela a partir da obra de autores vinculados á cidade, como Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Suso de Toro ou Teresa Moure. O mapa tamén localiza as principais librarías e editoriais radicadas na capital galega.

Este foi o primeiro acto de Compostela Colateral, o ciclo co que o Concello de Santiago achega unha visión crítica de Compostela coma territorio literario. Durante tres semanas, escoitarase a palabra das autoras e autores que constrúen a literatura actual da cidade dende a oralidade e a independencia. Compostela Colateral é unha viaxe literaria que conecta lugares e autores de Compostela e Bos Aires seguindo un pensamento compartido: son as palabras as que constrúen as cidades

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)