Información
Santiago

Artistas galegos, tradición e vangarda protagonizan as Festas da Ascensión 2016

Información
16 Abril 2016 5054 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A concelleira de Acción Cultural deu conta esta mañá da programación para as Festas da Ascensión 2016, que se celebran este ano do 4 ao 8 de maio. Branca Novoneyra destacou que se trata "dunha programación que conxuga tradición, vangarda, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa, que serán uns dos protagonistas desta festividade". Branca Novoneyra destacou que "as festas da Ascensión son as festas da cidade por excelencia, nas que a Concellaría de Acción Cultural, como encargada da xestión integral da programación festiva, presta especial atención aos programas tradicionais, mantendo e reforzando os actos consolidados polo tempo e a aceptación social", ao mesmo tempo que se incorporan algunhas novidades.

 As festas arrancarán o mércores 4 de maio co disparo de bombas ás 12:00 horas e a comparsa de cabezudos. O primeiro concerto chegará da man de Santiago 40 Pop, coas actuacións de Efecto Pasillo, Álvaro Soler, Furious Monkey House e o compostelán Fredi Leis. Estará conducido polos DJ’s Tony Aguilar e Paulo Regueiro.

 A festa continúa o día da Ascensión, coas actuacións na praza da Quintana de Freed Wesley, Aurora e The Betrayers, unha banda con personalidade propia e influencias que van do rock máis clásico ao soul, pop ou folk norteamericano. Estarán acompañados do xenial trombonista estadounidense Freed Wesley, coñecido sobre todo polo seu traballo con James Brown, cunha carreira de máis de 40 anos e un dos grandes compositores e arranxistas do funk.

 Nestas festas manterase a tradición con actividades como a Andaina dos 50 km de Santiago, organizada polo Club Deportivo Fontiñas ou o Trofeo de Ascensión de Ciclismo, que cumprirá a súa décimo oitava edición. O recinto feiral de Amio será tamén un dos enclaves protagonistas ao acoller o tradicional concurso cabalar, puntuable para a XVI Copa Galicia P.R.G. Tamén en Amio celebrarase a XIX Festa para os Maiores, cun xantar e a actuación musicar da Orquestra Alcazar. Terá un prezo de 7 euros.

Romaría Cativa  Este ano, as crianzas serán tamén protagonistas das Festas da Ascensión, cunha programación que encherá de música e cor a praza do Seminario de San Martiño Pinario, onde haberá un espazo escénico creativo que axudará a darlle entidade propia a esta celebración, que se quere achegar aos gustos dos e das máis pequenas da casa.

 O venres, a partir das 17:00 horas, contaremos con Peter Punk, que fará de presentador deste Festival Infantil, onde actuarán Pitusa Semifusa e A Gramola Gominola. O sábado tomaralle o relevo a Peter Punk o coñecido Paco Nogueiras, que estará acompañado do circo Isla Le Triska e dos concertos de Migallas e Titiriteros de Binéfar. Seguro que os máis pequenos da casa o pasarán en grande con esta programación, especialmente dirixida a eles.

 Estamos a falar dunha programación transversal, pensada dende a Concellaría de Acción Cultural en colaboración con Deportes e Comercio, que inclúe dous mercados, un na Praza Roxa e outro na rúa Carreira do Conde. Na praza Roxa teremos a oportunidade de visitar a Feira Ecolóxica Labrega, unha feira exposición de alimentos ecolóxicos certificados, combinada con obradoiros de cociña e xogos tradicionais. Poderase visitar de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Esta feira sumarase ao Mercado de Arte e Artesanía que teremos na Carreira do Conde, con obradoiros e actividades de rúa dende as 11:00 ás 15:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Na Alameda terá lugar ademais, do 30 de abril ao 8 de maio, a Feira do Libro.

Davide Salvado  Cantante de música tradicional galega, con moita vinculación co país e de formación autodidacta. Foi un dos artistas que participou na edición do Womex de 2014, onde foi elixido polo xurado internacional da sección oficial grazas ao espectáculo O ladrón de amorodos. Actuará nestas festas o venres 6 de maio acompañado de Batida, que expande o seu discurso incorporando a política e o activismo social, pero sempre levándoos de novo ao terreo da festa.

Soleá Morente  É outro dos exemplos de música de vangarda nestas Festas da Ascensión. É unha cantante española que fusiona o flamenco co pop rock, combinando a herdanza da cultura flamenca da familia Morente con rock alternativo. O sábado 7 de maio será a vez de Soleá Morente.

 Todas as actividades da Festa da Ascensión son de balde, ata completar aforo, agás a Festa dos Maiores, que terá un prezo de 7 euros, e os concertos de Davide Salvado e Soleá Morente, que custarán 10 euros.

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)