A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico pra poder cobrar dietas necesita retomar as súas sesións ordinarias, interrompidas pola crise sanitaria

Información
Santiago 28 Abril 2020 1343 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico retomou hoxe as súas sesións ordinarias, interrompidas pola declaración do estado de alarma. Foi cunha xuntanza vía telemática na que este organismo asesor informou sobre distintas obraS, entre as que figuran a rehabilitación dun edificio para local comercial e catro vivendas na rúa de San Pedro e a renovación da instalación de abastecemento de auga nun edificio de Casas Reais. Está previsto que pouco a pouco se vaia recuperando a normalidade, coa celebración, nos próximos días, das ponencias técnicas, para que, a mediados de maio, se poida convocar a seguinte comisión asesora.

 

A xuntanza de hoxe estaba programada para o 17 de marzo, pero houbo que adiala pola crise sanitaria. Agora reuniuse vía telemática, baixo a presidencia da concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón. O obxectivo da Comisión Asesora é informar sobre obras e proxectos que afectan á Cidade Histórica e ao perímetro azul; e que están incluídos no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica. Nela participaron técnicos de urbanismo e representantes dos grupos da oposición: Evaristo Ben e José Antonio Constenla polo PP, Jorge Duarte en representación de Compostela Aberta e Goretti Sanmartín polo BNG.

Segundo explicou Mercedes Rosón, "a pesares desta situación de confinamento que estamos a vivir, dende os distintos departamentos do Concello traballamos para que a xestión de goberno e a xestión administrativa ordinaria continúe. E tamén para dar solución, dentro das nosas competencias, aos problemas derivados da crise sanitaria que están xurdindo".

Entre os edificios catalogados, a Comisión Asesora informou, ademais dos citados anteriormente, sobre a limpeza do canlón e da cheminea do Colexio de Fonseca. En canto aos inmobles non catalogados, na sesión ordinaria informouse sobre o illamento exterior en distintas fachadas dun edificio da rúa dos Pelamios, a reforma da fachada dunha vivenda no camiño da Ameixaga, a proposta de segregación dunha parcela na costa do Vedor, o derrube e construción dunha vivenda familiar na rúa do Espírito Santo, a reforma dunha terraza nun edificio da rúa de Noia e a instalación dun rótulo na fachada dun local en Xeneral Pardiñas


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600