Feijóo e Bugallo pretenden controlar as vivendas de uso turístico en Santiago
Feijóo e Bugallo pretenden controlar as vivendas de uso turístico en Santiago
Información
16 Enero 20201219 votos - Registrate para votar
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia participaron este mércores na primeira reunión do equipo de traballo entre ambas institucións para intensificar a coordinación e colaboración ao redor das vivendas de uso turístico.
No encontro, no que participaron os concelleiros de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Turismo, Sindo Guinarte, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acordouse intensificar a coordinación coa Policía Local á hora de facilitar á Administración autonómica a identificación dos propietarios e propietarias dos inmobles, así como informar sobre os que identifiquen que poden ser irregulares. Preténdese así reforzar a cooperación co corpo de inspección da Xunta de Galicia.
Facilitouse ademais a ferramenta coa que a Xunta poderá localizar a partir de agora de xeito máis preciso as vivendas afectadas pola nova moratoria acordada polo Concello de Santiago que entrou en vigor en decembro. Segundo esta decisión urbanística municipal, prohíbese a utilización das vivendas para actividade turística nesas áreas e, no marco das competencias de cada Administración, dende a Xunta estase a respectar esa decisión, rexeitando as solicitudes de vivendas de uso turístico situadas nas áreas afectadas.
Puxéronse tamén sobre a mesa as diferentes novidades que entraron en vigor este mesmo ano e que facilitarán o labor de inspección, especialmente a obrigatoriedade de incluír o número de rexistro de todas as vivendas de uso turístico naquelas plataformas informáticas nas que se oferten. Este número de rexistro é o que figura no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).
A reunión de hoxe terá continuidade con diferentes encontros técnicos que se realizarán nos próximos días, así como comisións de seguimento para ordenar de xeito conxunto entre todas as institucións e axentes implicados esta modalidade de aloxamento
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)