Información
Santiago

Bugallo "PSdeG" quere facerse co control da oferta de pisos turísticos para decidir quen e quen non pode entrar no pastel

Información
27 Noviembre 2019 1128 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral do Eixo Atlantico, Xoán Mao, presentaron o informe "Impacto do turismo na morfoloxía urbana dos municipios do Eixo Atlántico". O estudo constata os efectos da economía colaborativa no aumento do número de camas en vivendas de uso turístico. Na presentación tamén participaron dúas das autoras do informe, Ana Ladeiras e Ana Carricoba.

 

O informe é un estudo sobre como afrontar o impacto do turismo na morfoloxía urbana das cidades do Eixo Atlántico, entidade que aglutina os 34 principais municipios do Norte de Portugal e de Galicia.

O estudo trata de como o progreso socioeconómico debe ser abordado a partir dunha perspectiva dinámica e responsable co medio, coa calidade de vida dos residentes e co patrimonio. Aplicado ao turismo, a aposta debe ser por un modelo de turismo responsable e sustentable, e simultaneamente pola convivencia saudable entre residentes e visitantes.

Tamén se analiza ata onde pode chegar o crecemento turístico: o global, o macro pero, especialmente, o micro de cada territorio.

O informe analiza como a explotación turística do patrimonio non está necesariamente en oposición á conservación do mesmo. O feito de atribuír utilidade turística a un recurso patrimonial, gastronómico ou natural contribúe á súa preservación, pero tamén á súa contaminación acústica e ambiental. Tamén se aborda como a presión turística nalgunhas grandes cidades da Península ibérica é xa unha realidade que, no caso dos municipios do Eixo Atlántico, afecta, especialmente, aos centros históricos de Porto e de Santiago de Compostela, por esta orde.

Os críticos do fenómeno turístico falan da expulsión dos residentes dos núcleos urbanos, do aumento dos prezos das rendas e da compravenda de habitación e dos servizos en xeral, que empeoraron a calidade de vida. Sen negar estes feitos, nin o turismo é a única causa destes fenómenos, nin esta é a realidade actual da Eurorrexión sendo, precisamente, un bo momento para a reflexión e aprendizaxe de boas prácticas que permiten definir as propostas preventivas para os municipios do Eixo Atlántico.

Dificultades habitacionais
"O piso turístico chegou para quedarse, polo que temos que facer é medir a súa realidade e controlala", indicou o alcalde, que indicou que en Santiago "hai uns 600 pisos turísticos autorizados, unha parte importante deles no casco histórico e algúns deles incumprindo o Plan Especial". Por iso, lamentou o "problema de coordinación" existente coa Administración autonómica, que ten esa competencia. A estes pisos sumou entre 800-900 pisos "en diferentes plataformas e sen autorización de ningún tipo".

Sánchez Bugallo alertou sobre os efectos que estes pisos turísticos están a ter no prezo da vivenda de aluguer ou na falta de dispoñibilidade de vivenda para estudantes. Neste punto, fronte aos "respectables interese dos particulares en rendibilizar o seu patrimonio", dixo, "como Administración temos que preservar o modelo de cidade". En particular, referiuse ás dificultades que están aparecendo "en ámbitos urbanos como San Pedro ou o casco histórico" aos que o Concello "non pode ser alleo".

Insistiu na necesidade de realizar inspeccións, aspecto no que a Xunta ten a competencia, e demandou que "as autorizacións autonómicas requiran autorización municipal". Tamén reclamou unha regulación clara nesta materia. E preguntado pola taxa turística, indicou que o Concello está disposto "a estudar ese tema", pero advertiu que "ten que haber unha habilitación legal autonómica, algo que de momento non hai e non hai previsto que haxa a curto prazo".

Planificación turística
Pola súa parte, Xoán Mao, referiuse á necesidade de "previr problemas que o turismo masivo xa está creando en cidades como Barcelona, Venecia ou Porto", entre os que citou a "desaparición do comercio tradicional" ou a "desertificación dos cascos históricos". "O turismo é necesario, pero non planificado e descontrolado pode ser un cancro para unha cidade", apuntou.

Considerou importante que os resultados deste estudo se presenten en Santiago, porque "é a referencia mundial do turismo en Galicia", e apostou por planificacións turísticas "coordinadas" e de "sentido común". Nese sentido, puxo como exemplo a coordinación aeroportuaria, porque os aeroportos non son das cidades, son de toda Galicia. Ademais, coincidiu co alcalde en reclamar unha maior efectividade da inspección turística.

Regulación heteroxénea
Ana Carricoba falou das dificultades que se pode atopar un concello como o de Santiago para regular esta materia, contrarrestándoo coas cidades portuguesas, onde "a regulación é homoxénea". Así, destacou que o Estado dota ás Cámaras Municipais da capacidade de establecer áreas de contención e de fixar regulamentos municipais de aloxamento local.

Polo contrario, dixo, a distribución de competencias en España fai que existan normativas autonómicas diferentes. Así, en Galicia, como explicou, as normas fíxanse na Lei de Turismo de Galicia e no Decreto que regula as vivendas de uso turístico. A nivel municipal, a actuación realízase no eido urbanístico, pero "en Galicia, o único concello que actuou foi o de Santiago, coa modificación puntual do Plan Especial, limitando este tipo de vivendas e declarando incompatible a utilización de vivenda para uso turístico". Por todo, tamén insistiu na necesidade dun "marco regulatorio homoxéneo" que solucione a "inseguridade xurídica" existente na actualidade.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+