Información
Santiago

Bugallo adoctrina utilizando o reparto de mais de 250.000 euros entre os clubs deportivos federados

Información
25 Noviembre 2019 1358 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

25/11/2019 A Xunta de Goberno celebrada este luns aprobou a resolución definitiva da convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado. Ademais, aprobouse a adscrición temporal á USC do inmoble ocupado actualmente pola Facultade de Odontoloxía por un prazo de 15 anos.

 

Un total de 58 clubs beneficiaranse das subvencións para o fomento do deporte federado, entre as que se repartirá un total de 249.999,73 euros. Unicamente se rexeitaron dúas solicitudes, unha por non achegar a documentación en prazo e outra por non ser unha modalidade deportiva recoñecida polo Consello Superior de Deportes.

Adscrición á USC do edificio de Odontoloxía
Outro dos acordos da Xunta de Goberno foi o da adscrición temporal á USC do actual edificio da Facultade de Odontoloxía. Esta adscrición realízase por 15 anos e para o mesmo fin que ten actualmente.

Tal como explicou o concelleiro secretario da Xunta de Goberno, Sindo Guinarte, esta adscrición vai parella á adscrición ao Concello da Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega por parte da USC, que deberán ratificar os seus órganos de goberno. Neste caso, a adscrición será por 20 anos.

Sindo Guinarte explicou que a adscrición temporal patrimonial mutua substitúe á figura anteriormente prevista dun convenio entre Concello e USC, por recomendación dos servizos xurídicos.

Curso para novos bombeiros
No ámbito da Seguridade Cidadá, adxudicouse o servizo para impartir cursos de formación no Servizo de Extinción de Incendios, por importe de 45.000 euros. Destes cursos, unha parte serán para a promoción interna de tres sarxentos, e a outra para os sete novos bombeiros que se incorporará ao cadro de persoal tras superar o correspondente proceso selectivo.

Estes cursos teñen unha duración de 300 horas, polo que non se prevé que os sete novos efectivos se incorporen antes do mes de marzo. Na actualidade, o Servizo de Extinción de Incendios conta con 46 efectivos.

[strong[Ampliación de horarios
O Goberno local tamén informou favorablemente a solicitude de ampliación do horario de peche nunha hora formulada pola Asociación Provincial de Hostalería Compostela para as festividades da Constitución, Nadal, fin de ano e Reis. Así, a ampliación afectará ás noites do 5, 6 e 7, 21, 24, 28 e 31 de decembro, e 4 e 5 de xaneiro.

Máis seguridade peonil en Lamas de Abade
Finalmente, aprobouse o proxecto de mellora dos accesos peonís cara os centros educativos de Lamas de Abade (fase I), cun orzamento de 126.711,20 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de seis meses. Grazas a esta intervención crearanse itinerarios claramente diferenciados para peóns e vehículos, conectando ademais nos novos tramos peonís cos xa existentes.

Documentos relacionados

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+