Información
Santiago

O soliictante de bolsas de comedor de Santiago número 1.128 quedou a "duas velas" sen bolsa de comedor material nen actividades extraescolares.

Información
14 Noviembre 2019 119 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta este xoves da resolución da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares, que aprobou onte a Xunta de Goberno. Nesta convocatoria, dotada con 600.000 euros, xestionáronse 758 expedientes. En total, concedéronse 1.127 bolsas nas súas diferentes modalidades.

 

Mila Castro comezou a súa intervención agradecendo o traballo e a rapidez dos traballadores e traballadoras do Departamento de Servizos Sociais. Neste sentido, lembrou que non foi ata o 30 de setembro cando se pechou o prazo de xustificación e que aínda foi preciso dar uns días para as solicitudes presentadas por calquera dos procedementos legais admitidos. Xunto á concelleira, estiveron na rolda de prensa a xefa de servizo de Servizos Sociais, Teresa Furelos; o técnico de xestión de Servizos Sociais Javier Maroño e a traballadora social Ana Ares.

Esta convocatoria contempla bolsas para familias con escaseza de recursos, que poden optar a bolsas de comedor, ata un máximo de 90 €/mes (durante 10 meses); para a realización de actividades extraescolares, ata un máximo de 30€/mes (durante 9 meses); e para adquisición de material escolar, ata un máximo de 60 € nun pago único. Tamén existen bolsas para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por importe de 45€/mes (10 meses).

Para este curso 2019-2020 xestionáronse un total de 758 expedientes, un 11,60% máis que para o curso 2018-2019, cando se tramitaran 679. Estes expedientes (moitos deles inclúen varias solicitudes) xeraron un total de 1.330 demandas de bolsas. Tamén se incrementou a partida destinada a axudas, con 600.000 euros, fronte aos 585.900 euros do curso anterior.

Na modalidade de escaseza de recursos, houbo un total de 576 expedientes. Para comedor escolar houbo solicitudes para 731 menores, das que se concederon 510; mentres que se pediron bolsas de actividades extraescolares para 683 persoas e outorgáronse 397; e demandáronse bolsas de material escolar para 277 menores, concedéndose 140.

Aclarou a concelleira respecto ás solicitudes denegadas que, no caso de que estas denegacións obedezan a defectos formais, o Concello garante que ningún neno ou nena se vai a quedar sen bolsas por este motivo. Todas as solicitudes que cumprían os requisitos foron dotadas das correspondentes axudas, sen que haxa listas de agarda.

Na modalidade de conciliación xestionáronse 182 expedientes, que xeraron solicitudes para 243 menores. Concedéronse 80 bolsas, que era o máximo que marcaba a convocatoria, quedando 24 persoas en lista de agarda. Denegáronse 139 solicitudes, se ben explicou Teresa Furelos que moitas destas denegacións son a familias que se ben teñen os seus fillos e fillas escolarizados en Santiago, non están empadroados no concello, algo que é requisito indispensable na convocatoria.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+