Bugallo reparte case 90.000 euros entre as asociacións veciñais para que recorden a quen votar
Bugallo reparte case 90.000 euros entre as asociacións veciñais para que recorden a quen votar
Información
25 Septiembre 20191145 votos - Registrate para votar
A Xunta de Goberno, reunida este mércores en sesión extraordinaria, resolveu a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais 2019. Na mesma xuntanza aprobouse a ampliación do prazo de execución das obras na rúa da Batalla de Clavijo ata o 31 de outubro.
A esta convocatoria de subvencións veciñais presentáronse un total de 39 solicitudes, das que unicamente foi rexeitada unha, por non cumprir coa finalidade fixada nas bases. As outras asociacións veciñais repartiranse un total de 89.766,79 euros. Os importes van dende un máximo de 3.000 euros ata os 512 euros, sempre en función do orzamento presentado polas entidades para as actividades previstas.
Batalla de Clavijo Outro dos acordos da Xunta de Goberno foi o de ampliación ata o 31 de outubro do prazo de execución das obras de renovación de calzada e beirarrúas na rúa da Batalla de Clavijo e anexas, que contan con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible, 2014-2020". A data prevista inicialmente para o remate da obra era o 26 de setembro, pero amplíase en 27 días hábiles debido á necesidade dos servizos de tráfico de realizar probas de manobra de vehículos para o acceso a garaxes (8 días hábiles), e tamén por imprevistos e modificacións necesarias en varias redes de instalacións (19 días hábiles).
Equipamento de lecer en Lavacolla Tamén en materia de obras, acordouse iniciar un expediente por incumprimento de contrato nas obras para a dotación de equipamentos de ocio en Lavacolla, por unha demora inxustificada a xuízo dos técnicos municipais. Concédeselle ao contratista un prazo de quince días hábiles, con carácter previo á imposición, no seu caso, deas penalidades que procedan.
Outros asuntos Na mesma sesión extraordinaria, acordouse a prórroga por un ano do servizo alleo de prevención de riscos laborais para o Concello. Finalmente, aprobouse a concertación dunha operación de préstamo a longo prazo para financiar investimentos e transferencias de capital por importe de 2.950.000 euros.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)