Información
Santiago

Entregadas as 54 parcelas do Campo das Hortas

Información
13 Septiembre 2019 639 votos

13/09/2019 As hortas urbanas municipais son espazos dentro das zonas verdes da cidade que o Concello cede durante catro anos aos cidadáns para uso hortícola. Con estas parcelas establécese un novo concepto de espazo verde que supón unha mellora ambiental para cidades, así como da calidade de vida dos seus cidadáns, onde a participación cidadá é fundamental pois son froito do traballo e coidado dos propios usuarios, a diferenza dos xardíns e parques, coidados e mantidos polos servizos municipais.

 

As 54 hortas urbanas municipais situadas no Campo das Hortas foron entregadas na tarde deste xoves, unha vez realizado o sorteo e a adxudicación das hortas nun acto celebrado no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela (CIPX), situado no parque de Belvís. No mesmo lugar, o mércores 18 de setembro, ás 19:30 horas, sortearanse as hortas urbanas de Belvís de Abaixo.

O acto de sorteo das parcelas do Campo das Hortas estivo presidido pola comisión avaliadora das solicitudes, formada pola concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro; o xefe do Departamento Municipal de Parques e Xardíns, Gregorio López; e o xefe do Departamento Municipal de Medio Ambiente, Ángel Pérez. Tamén estivo presente persoal de Ferrovial Servicios, a empresa concesionaria do Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arborado do Concello de Santiago, e encargada da xestión das hortas urbanas municipais.

Antes de comezar o acto producíronse cinco renuncias, polo que os solicitantes das 54 parcelas do Campo das Hortas pasaron a ser 68. Tras a modificación dos datos de prelación, a adxudicación e sorteo das parcelas deu comezo coa cesión dunha das hortas a Ferrovial Servicios, para ser utilizada como horta de referencia, a través da cal o resto de usuarios/as poidan aprender sobre as habelencias da xardinería e as técnicas de cultivo ecolóxico de hortalizas.

Aquelas agrupacións, asociacións e outras entidades que queiran desenvolver nas hortas municipais traballos comunitarios de horticultura dentro das súas actividades, concédeselles prioridade, ao ter un interese público. Tres foron estas agrupacións ás que se lles adxudicaron parcelas no Campo das Hortas: ANPA do CEIP Raíña Fabiola, Centro Vierio de Cáritas Diocesana e Asociación Española contra o Cancro (AECC).

No Campo das Hortas haberá 11 persoas maiores de 65 anos, que foron as primeiras en escoller a parcela segundo lles parecese máis acaída ás súas necesidades. Segundo establece a ordenanza, teñen prioridade á hora da asignación de titulares as persoas maiores, xa que o traballo nas hortas municipais fomenta o exercicio físico, os hábitos saudables e, sobre todo, serven para gañar novos espazos de convivencia e puntos de encontro que sirvan para a transmisión interxeracional de coñecementos sobre os cultivos ecolóxicos e tradicionais.

A Ordenanza sobre as hortas urbanas municipais tamén concede prioridade á veciñanza da contorna, xa que as interactuacións durante o tempo dedicado ao cultivo da terra crean entre os veciños unha unión máis forte entre eles, desenvolvendo a conciencia de barrio. 32 persoas veciñas da contorna formarán parte dos titulares das parcelas do Campo das Hortas.

Por último, as demais persoas empadroadas en Santiago de Compostela fóra da contorna tiveron que ir ao sorteo das 6 parcelas restantes. Había 21 persoas solicitantes dentro desta categoría polo que, tras o sorteo, 15 persoas quedaron na lista de agarda, para suplir aos/ás actuais titulares no caso en que se produzan renuncias ou baixas. Este foi o caso, xa que houbo unha renuncia de última hora, obtendo parcela a primeira persoa da lista de agarda.

O éxito do proxecto das hortas urbanas municipais do Concello de Santiago de Compostela reflíctese en que todas as parcelas existentes nas diferentes zonas do municipio, que alcanzan as 294, están ocupadas e contan con lista de agarda. Esta relación está aberta para que todas as persoas interesadas nunha horta municipal poidan inscribirse.

Belvís de Abaixo
O mércores 18 de setembro, ás 19:30 horas, o CIPX acollerá o sorteo das hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo. Segundo a lista provisional de solicitantes, das 26 parcelas dispoñibles, unha delas asignarase directamente a unha asociación. Recibirán unha horta da súa elección: 3 persoas maiores de 65 anos veciñas da contorna, 1 persoa maior de 65 anos non veciña da contorna e 16 persoas máis veciñas da contorna. Polo tanto, sortearanse as 5 parcelas restantes entre as 18 persoas non veciñas da contorna.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago