Imprimir

Bugallo, reuniuse en Madrid con, Hugo Morán pra realizar "todos os trámites necesarios para que as obras da EDAR da Silvouta" que ten esquecidas o Sr Feijóo

Información
Santiago | 08 Agosto 2019 | 966 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Co encontro de hoxe complétase, segundo explicou Sánchez Bugallo, "o ciclo de reunións orientadas a impulsar de forma decisiva a construción da EDAR da Silvouta", despois das xuntanzas mantidas coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa directora de ACUAES, Rosa Cobo, na que tamén estiveron presentes técnicos da Consellería de Medio Ambiente.


O 30 de setembro, as nove empresas que se presentaron ao procedemento de concorrencia competitiva deberán presentar as propostas técnicas. E antes de final de final de ano, explicou Sánchez Bugallo, "ACUAES, en colaboración coa Xunta e co Concello, seleccionará as catro que considere máis axeitadas para que presenten o seu proxecto antes do verán do 2020".

A continuación, unha vez seleccionado o proxecto técnico, hai que realizar, afirmou Sánchez Bugallo, "o trámite medioambiental". Todas as administracións comparten, segundo confirmou, que este procedemento para a autorización medioambiental debería ser simplificado, "pero ata que non teñamos o proxecto técnico non se poderá dar resposta a esta cuestión". Engadiu o rexedor que "procuraremos que sexa simplificado", traballando con ese obxectivo, porque a finalidade "é que as obras estean comezadas en xaneiro de 2022, o que permitiría seguir contando cos fondos europeos para a súa financiación".

Categoría: Santiago
Visto: 966