Información
Santiago

O alcalde fixa como prioridade aprobar uns orzamentos técnicos para completar o exercicio e atender as obrigas

Información
23 Junio 2019 389 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo anunciou que o vindeiro luns, 24 de xuño, ás dez da mañá, constituirase formalmente a Xunta de Goberno. Entre os acordos que adoptará estarán, segundo explicou o rexedor, o de "delegación de competencias nas diferentes concellarías, a aprobación de distintos asuntos e a validación de actuacións que foron realizadas polo Goberno anterior pero non foron sometidas aínda á autorización dos órganos corporativos en materia de convenios, subvencións, etc.". A intención expresada por Sánchez Bugallo é a de cumprir os compromisos adquiridos polo anterior Goberno.

 

Sánchez Bugallo tamén convocou unha Xunta de Voceiros para o martes pola mañá, e a partir de aí realizarase a convocatoria do Pleno de organización, que "debe definir a estrutura de funcionamento do Concello dende o punto de vista dos seus órganos políticos, dedicacións exclusivas e persoal eventual". Engadiu o alcalde que posiblemente se celebrará o venres ás dez da mañá.

En relación ás reunións cos demais grupos sobre este pleno de organización, Sánchez Bugallo indicou que falou con PP e Compostela Aberta esta mañá, e que esta tarde se reunirá co BNG. Confía en que o luns se concreten os detalles e o martes xa se lle poida dar luz verde. Adiantou que fará pública a proposta do Goberno aos outros grupos da Corporación despois da Xunta de Voceiros, aclarando "que non vai haber grandes cambios".

Orzamento técnico para o Pleno de xullo 
Como unha prioridade que "será necesario plantexar", Sánchez Bugallo citou os orzamentos "que poderíamos cualificar de técnicos, para completar o ano e para facer fronte ás obrigas e aos compromisos de gasto que carecen de soporte financeiro e que hai que acometer, como a iluminación de Nadal". O alcalde confía en que a finais da semana seguinte se poida presentar unha proposta aos grupos municipais para "contar coas súas aportacións e participación", e que este orzamento técnico vaia a pleno a finais de xullo.

A preguntas dos xornalistas sobre a situación do Concello, Sánchez Bugallo explicou que existe "un deterioro importante en distintos ámbitos, basicamente dende o punto de vista da xestión administrativa", pero cre que existen motivos de optimismo e que a situación é recuperable. Para o alcalde, este vai ser un ano complicado no que "espero que teñamos unha certa comprensión e apoio dos outros grupos políticos para afrontar a situación que hai". Pero espera que a partir do ano que vén a situación se normalice.

Neste momento, segundo explicou o alcalde, existe "unha situación orzamentaria un pouco estraña. Liquídase o orzamento do ano 2018 con case 18 millóns de euros de superávit, pero ao mesmo tempo, gran parte das partidas orzamentarias do 2019 aparecen consumidas, porque se imputan facturas do ano pasado". Sinalou Bugallo que mirarán que solución se lle pode dar, porque, entre outras cousas, o Concello está obrigado por lei a destinar o superávit de 2018 á amortización anticipada de crédito. Explicou o rexedor que por "normativa legal, o Concello non pode dispor deses recursos ao incumprir o prazo máximo de pago, que son 30 días de tramitación e 30 días para facelo efectivo". Neste momento, explicou, o período de pago está en torno aos noventa días.

O alcalde situou a débeda en torno aos 23 millóns de euros. Explicou Sánchez Bugallo que do superávit destinaríanse dez millóns e medio a amortización anticipada de crédito, aos que se engadirían a cantidade xa contempladas nos orzamentos e previstas nos contratos. Segundo as súas previsións, "remataremos o ano cunha débeda por debaixo dos dez millóns de euros". Pero, engade, "non era a nosa intención baixar tanto a débeda. Preferiamos utilizar unha parte deses recursos para arranxar as vías urbanas, ou para realizar actividades imprescindibles".

Neste sentido, confirmou que faltan 200.000 euros para cubrir a produción das festas, e a contratación de orquestras, nunha partida na que tamén estaba incluída a iluminación de Nadal. "Eu espero que os demais grupos, sobre todo Compostela Aberta, que é coñecedora desta situación, faciliten que se poida habilitar o crédito necesario" para completar a programación das festas, para as recepcións oficiais, "para as que quedan uns 300 euros" e para iluminación.

Sinalou Sánchez Bugallo que na Xunta de Goberno do luns "ratificaremos todos os convenios e compromisos de subvencións asinados polo Goberno anterior que están sen aprobar polo órgano corporativo correspondente". A cambio, confía en ter o respaldo dos demais grupos, para que "estes temas saian adiante". Tras facer un listado dalgunhas partidas atopadas xa consumidas, o alcalde aclarou que "non imos entrar a revisar os actos da Corporación pasada. Gastáronse, e vou dar por certo que se gastaron ben. Non vou mirar para atrás, pero espero que sexan conscientes de que esa é a situación que recibimos", e que tamén deben pór da súa parte para que "todo volva funcionar con normalidade".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+