Información
Santiago

4.000 escolares participaron este curso nas actividades de educación viaria da Policía Local

Información
20 Junio 2019 499 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Uns cen alumnos e alumnas do CEIP de Vite e do CEIP Raíña Fabiola participaron na mañá deste xoves na II Marcha Ciclista Escolar. O evento culminaba as actividades formativas do Departamento de Educación Viaria da Policía Local durante o curso 2018-2019, nas que participaron case 4.000 escolares.

 

O obxectivo desta marcha ciclista era que os nenos e nenas puxeran en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico, así como promover o uso da bicicleta como medio de transporte sustentable. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saudou os nenos e nenas na praza do Obradoiro, a onde chegaron tras percorrer varias rúas da Cidade.

A marcha partiu do CEIP de Vite e dirixiuse logo ao CEIP Raíña Fabiola. Reunidos/as todos/as os/as participantes, realizaron un percorrido en bicicleta polo Pombal, praza de Galicia, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Valle-Inclán, San Roque, Santa Clara, avenida de Coimbra, Xoán XXIII e Obradoiro. Xa na praza, os/as escolares participaron en diferentes actividades lúdicas e formativas relacionadas coa educación viaria.

Intenso curso de actividades 
Un total de 3.943 escolares participaron este curso nalgunha das actividades de educación viaria da Policía Local, distribuídas en sete campañas: "Xeraldina viaxa connosco", "Móvete seguro con moito olliño", "Son condutor de biciletas", "Pola túa seguridade", "Ti controlas, ti decides", "Vivimos as mesmas realidades" e "Maiores máis seguros". Entre todas elas, destacou a participación na campaña "Móvete seguro con moito olliño" de 1.058 alumnos e alumnas de 4º de Primaria.

Os/as axentes da Policía Local impartiron formación a 2.490 escolares de Infantil e Primaria, a 1.151 alumnos/as de Bacharelato e Secundaria e a 173 escolares de centros de Educación Especial. En total, participaron 38 centros e colexios. 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+