Información
Santiago

Vueling engade unha frecuencia diaria á súa conexión coa capital catalá -operará 3 voos ao día dende Santiago

Información
05 Junio 2019 110 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A compañía Vueling vén de incorporar este mesmo martes o seu segundo avión baseado no Aeroporto Rosalía de Castro. A nova aeronave, que xa opera e dorme na súa base de Lavacolla, está asociada a unha ampliación de aproximadamente 40 persoas no aeroporto compostelán. Unha vintena destas corresponde a pilotos e tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP), mentres o resto recae de maneira indirecta en labores de handling e mantemento.

 

Vueling empezou as súas operacións en Santiago de Compostela no ano 2006, coa ruta a Barcelona, e foi en 2015 cando baseou o seu primeiro Airbus A320. Agora, coa incorporación do segundo avión baseado, a compañía engade unha frecuencia diaria á súa conexión coa capital catalá -operará 3 voos ao día- e unha frecuencia semanal a Málaga. Así, este verán, a aerolínea porá a disposición dos pasaxeiros un total de 512.684 prazas, o que supón un incremento do 7% respecto o pasado ano.

Na presente tempada estival, a compañía enlaza de maneira directa Santiago con 12 destinos: Barcelona, Alacante, Ámsterdam, Bruxelas, Lanzarote, Fuerteventura, Málaga, Mallorca, París (Charles de Gaulle), Roma (Fiumicino), Tenerife (Norte) e Zúric. Estas rutas opéranse dende o último fin de semana de marzo, coincidindo co inicio do verán aeronáutico. 

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+