Información
Santiago

Castelo da Rocha Forte

Información
03 Junio 2019 120 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

31/05/2019 A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o servizo de mantemento do castelo da Rocha Forte, cun orzamento de case 55.000 euros. Os traballos afectaranlle ao espazo do castelo actualmente pechado por un valo metálico, e tamén ás áreas exteriores inmediatas.

 

Ademais dos labores de limpeza e consolidación da fortaleza, atenderase á conservación das estruturas instaladas no xacemento tales como os paneis e os enreixados de peche. Os traballos adxudicados hoxe consistirán na roza manual e na aplicación de tratamentos herbicidas axeitados ás condicións do xacemento. Tamén se realizarán controis mensuais das estruturas e traballos de consolidación dos noiros, seguindo os necesarios controis arqueolóxicos

Ampliación de horario na hostalería 
Na Xunta de Goberno informouse favorablemente a ampliación nunha hora do horario de peche do que dispoñen na actualidade os establecementos de hostalería nas noites que van do 13 ao 15 de xuño, por mor da celebración do festival O Son do Camiño; nas noites que van do 12 ao 31 de xullo, por mor da festividade do Apóstolo; e nas noites que van do 9 ao 18 de agosto, por mor da festividade de San Roque. En relación ao Apóstolo, hoxe tamén quedou aprobado o contrato de Esmerarte Industrias Creativas, para a organización do concerto de Xoel López do próximo 21 de xullo.

Obras 
En materia de obras, hoxe ampliouse o prazo para a execución da reforma do parque infantil da praza da Constitución. A ampliación será de 19 días, a contar dende a xornada na que se retomen os traballos.

Por último, acordouse resolver o contrato de execución das obras de rexeneración do pavimento de calzada do eixo das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar, asinado coa empresa ASFALGAL Técnicas Viarias. O motivo da resolución é o atraso acumulado na execución dos traballos, que finalmente derivou nun real e consciente abandono das obras.

Documentos relacionados

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+