80.000 lectores diarios. Seguimos dando la talla M.L.XL y XXL

Entrevistamos a Carlos González Armada, Perito Xudicial e candidato á alcaldía de Porriño por Máis Porriño

Información
24 Mayo 2023 - Reportaxes a fondo - Correo electrónico - Imprimir - 812 votos
(Tiempo estimado para leer este artículo: 2 - 3 minutos)
social youtube xornalgalicia   feed-image

9b291110 2531 4fb3 9b70 5266aaaff75fXornal Galicia- ¿ Porque Porriño necesitaría un alcalde como vostede ?

Carlos González Armada-  Para transformar Porriño e convertelo en aspirante á Champions Leage. Moitas persoas do PP de Porriño dinme que hoxe está moito mellor que fai tres anos, e iso é facer trampa. Fai tres anos gobernaba o peor goberno municipal da historia en Porriño, polo que iso é como dicir, estamos en segunda división mira que bos somos comparados cun equipo de rexional preferente, non vale, Porriño ten que aspirar a máis

Xornal Galicia- ¿ E esa posibilidade existe, a de ser vostede alcalde ?

Carlos González Armada- ¿ Quen sabe?. En política nunca se sabe o que pode pasar. Evidentemente é moi difícil, Mais Porriño é un partido novo, non ten orzamento, facémolo todo con achegas dos rexistrados, non lle podemos dedicar á campaña o que debésemos porque tod@s traballamos, Máis Pais non ten estrutura en Galicia, e por tanto non temos apoio algún, é moi difícil ata entrar no consistorio, pero temos ilusión de que a nosa mensaxe transformadora faga pensar á xente nun Porriño de Champions league

Xornal Galicia- Se entran no goberno municipal, ¿ que é o primeiro que farán ?

Carlos González Armada-  Primeiro esixir unha auditoría. Segundo buscar investimentos, e inversionistas para Porriño. Terceiro buscar intermediar entre todos os demais partidos para que todos rememos no mesmo sentido, facer grande a Porriño

1626723664202Xornal Galicia- ¿ A campaña está a ser dura ?

Carlos González Armada-  Moito. Traballar, terminar o traballo e ir a diálogar coa xente, atender redes sociais, pegar carteis, durmir pouco e ao día seguinte volver ao traballo...se, está a ser duro

Xornal Galicia- ¿Compensa?

Carlos González Armada-  A quen lle gusta a política se, a quen lle gusta traballar en que as súas vecin@s vivan mellor se, isto é, ou debese ser, vocacional

Xornal Galicia- ¿ E o é ?

Carlos González Armada-  Non, a maior parte das veces atópasche a xente que vive, ou quere vivir da política, e estes "matarían" por quitarche do medio. Iso é unha realidade

Xornal Galicia- Vin nas redes polémica cunha candidata dun partido de dereitas, ¿ por que?

Carlos González Armada-  Pois porque é inadmisible que se tente enganar á xente, alguén que estivo ata decembro como portavoz de Vox non pode dicirlle ao pobo que non é nin de dereitas, nin de esquerdas, porque as súas ideas son as que son...esta renunciando ás súas ideas?, non, está a tentar enganar á xente e, ¿ como confiar nas promesas de quen fai campaña enganando sobre quen é?

Xornal Galicia- Por último, ¿ que ofrece Máis Porriño, máis aló das propostas programáticas?

Carlos González Armada-  Diálogo, consensos, traballo, honestidade, e despois máis diálogo...hai que dialogar con todos, aínda máis co diferente, é a única forma de conseguir un gran Porriño concello porrino 1

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas sobre ejemplo; Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias, te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet