Información
PSdeG-PSOE:

LEICEAGA ANUNCIA UN PLAN DE EMPREGO XUVENIL PARA GALICIA CUN INVESTIMENTO ANUAL DE CEN MILLÓNS DE EUROS

Información
Elecciones de Galicia 28 Agosto 2016 4810 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O candidato socialista manifesta o seu compromiso de "limitar o meu mandato a oito anos" e a súa renuncia a vivir na residencia oficial de Monte Pío

"O 25 de setembro rematarán a resignación e a paralise, o cambio está nas mans do socialismo cun proxecto para a maioría social", afirma na presentación das bases programáticas

Santiago, 28 de agosto de 2016. O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe en Santiago a posta en marcha "dun plan de emprego xuvenil, cun investimento anual de 100 millóns de euros cando o teñamos plenamente desenvolvido para contratar cada ano a 10.000 mozos e mozas".

Leiceaga adiantou ademais a súa intención de limitar "o meu mandato a oito anos, dous mandatos", durante o acto de presentación das bases programáticas do PSdeG na avenida de Xoán XXIII compostelana, no que tamén interviron os coordinadores do programa electoral, Obdulia Taboadela; Gonzalo Caballero; Lara Méndez, e Antón Louro.

"Presentamos hoxe aquí, a pé de rúa, o noso proxecto para a maioría social, para todos os galegos sen exclusión, as bases programáticas para que Galicia teña unha resposta nova", afirmou Leiceaga, que manifestou a súa intención de "seguir vivindo na miña casa e levar como presidente unha vida normal, non vou cambiar, polo que renunciarei á residencia oficial de Monte Pío".

O candidato amosou a súa confianza en que "quedan 28 días para rematar coa desesperanza e a improvisación, non nos podemos resignar ante a forma de facer política de Feijóo". "Galicia vai a menos, só temos máis paro, recortes e resignación, cun PP do teatro e as apariencias que adianta as eleccións para que non coincidan co xuízo da Gürtel", afirmou.

"Temos un proxecto de país e o cambio liderado polos socialistas está nas nosas mans; somos unha garantía de bo goberno, de compromiso para cambiar as políticas conservadoras con propostas de fondo e aproveitando as nosas potencialidades", engadiu.

Leiceaga lembrou que as tres grandes prioridades da súa acción de goberno serán "recuperar o crecemento e o emprego de calidade", "recuperar os servizos públicos de calidade" e, por último, "recuperar unha política de país para ter unha Galicia de talla grande con peso en España e en Europa".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+