Azucena Mora, na súa intervención nos 'Xantares Biocientíficos' de BioReDes, no edificio Cactus

O incremento de bacterias multirresistentes (MDR) representa unha das ameazas máis graves para a saúde humana, xa que diminúe as opcións dispoñibles para un tratamento adecuado, aumentando as taxas de mortalidade e os custos sanitarios, segundo salientou a profesora da Facultade de Veterinaria e investigadora do Laboratorio de Referencia E.coli (LREC) Azucena Mora Gutiérrez no Xantar Biocientífico promovido este venres pola Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC, BioReDes, no edificio Cactus do Campus de Lugo.

 

Mora Gutiérrez sinalou na súa intervención, desenvolvida baixo o título ‘Resistencia aos antibióticos: un problema prioritario que require dunh abordaxe ‘da granxa á mesa’, que os animais de produción, especialmente aves e porcino, foron identificados como os principais responsables do incremento de resistencias aos antibióticos, incluída á colistina.

 

Este venres reuniuse en Raxoi a Oficina Técnica do proxecto Smartiago, que avanzou nos trámites previos a iniciar as consultas de mercado que servirán para definir os pregos que posteriormente permitirán sacar a licitación proxectos innovadores en materia de xestión de residuos, mobilidade sostible ou iluminación intelixente. Este proxecto, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER), porá a Santiago na vangarda en materia de compra pública innovadora.


Ghibom Bhak e Javier Montenegro no laboratorio do CiQUS. Foto: Andrés Ruíz

Un equipo de investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS) en colaboración coa Universidade de Rice (Houston, Texas, EEUU) vén de crear novos sensores metálicos fluorescentes para a detección temperá das primeiras agregacións de proteínas vinculadas ás enfermidades de Alzheimer (beta-amiloide) e Parkinson (alfa-sinucleína).

Campionatos do Mundo con carácter galego

Información
Portada | 26 Septiembre 2019 | 5915 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Campionatos do Mundo con carácter galegoEn apenas uns días dará comezo o que será o maior e máis importante cita atlética da presente tempada, os XVII Campionatos do Mundo.

A esta edición acude unha selección nacional integrada por un total de 38 atletas entre os que se atopan os galegos Ana Peleteiro e Adrián Ben que coincidirán co Responsable de Marcha da RFEA Santi Pérez, a xuiz árbitro Internacional Dolores Rojas e con Frank Casañas que estrea tarefas de adestrador ca Selección colombiana.

Ó longo destas dazaoito edicións teñen sido un total de 23 atletas galegas/os (contando a presente edición) quenes acudirían á segunda cita atlética máis importante do calendario internacional logo dos Xogos Olímpicos. A maior presenza de galegas e galegos correspondería ó ano 1999 que tería na capital andaluza de Sevilla a súa sede e onde acudiron a competir un total de seis atletas. Helsinki-2005 e Pekin-2015 serán as únicas citas onde o nosos deportistas non estarían presentes.

En canto ó maior número de participacións comparten esta honra Alejandro Gómez na categoría masculina (Tokio-91; Goteborg-95; Sevilla-99 e París 2003) e Julia Vaquero na feminina (Tokio-91; Stuttgart-93; Atenas-97 e Sevilla-99) ambos con catro. Con tres están Andrés Díaz, Santi Pérez e María Abel.

No apartado de resultados os máis salientables ata o momento corresponderon ó mediofondista coruñés Andrés Díaz quen en Sevilla lograría un 5º lugar nos 1.500 m. e a da guardesa Julia Vaquero quen asinaba un 6º posto nos 5.000 m. nesa mesma cidade.

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil rexistra unha iniciativa parlamentaria na que pregunta  porqué  volveu como tertuliana a ex -Valedora do Pobo, Milagros Otero aos Faladoiros da Radio Galega, si foi unha  unha decisión da dirección da CRTVG ou da radio pública recuperala e se a  Dirección Xeral da CRTVG cre que unha persoa á que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sinalou como responsábel de “desvío de poder” e “arbitrariedade”, como cacique, pode ocupar un micro na radio pública.

A Plataforma “Por un monte galego con futuro” compareceu hoxe, 19 de setembro, nunha rolda de prensa en Compostela, para denunciar, tras o verán, o incumprimento total de boa parte das medidas contempladas no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galiza (Pladiga) e das desastrosas políticas forestais que se están a levar a cabo dende a Xunta.

Aparecen osos un animal nas escavacións da rúa Rouco

Información
Portada | 19 Septiembre 2019 | 2695 Votos | Correo electrónico | Imprimir

A escavación dos servizos na rúa do Rouco deu a pasada semana unha sorpresa. Os operarios atoparon osos tapados con cunchas de vieira. Logo dun estudo detallado, sóubose que corresponden a un animal de catro patas.

Os restos están a disposición do departamento de arqueoloxía do Concello que encargará os estudos oportunos para obter máis información ao respecto.