social youtube xornalgalicia   feed-image

Este venres reuniuse en Raxoi a Oficina Técnica do proxecto Smartiago, que avanzou nos trámites previos a iniciar as consultas de mercado que servirán para definir os pregos que posteriormente permitirán sacar a licitación proxectos innovadores en materia de xestión de residuos, mobilidade sostible ou iluminación intelixente. Este proxecto, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER), porá a Santiago na vangarda en materia de compra pública innovadora.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Ghibom Bhak e Javier Montenegro no laboratorio do CiQUS. Foto: Andrés Ruíz

Un equipo de investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS) en colaboración coa Universidade de Rice (Houston, Texas, EEUU) vén de crear novos sensores metálicos fluorescentes para a detección temperá das primeiras agregacións de proteínas vinculadas ás enfermidades de Alzheimer (beta-amiloide) e Parkinson (alfa-sinucleína).

Campionatos do Mundo con carácter galego

Información
Portada | 26 Septiembre 2019 | 5147 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Campionatos do Mundo con carácter galegoEn apenas uns días dará comezo o que será o maior e máis importante cita atlética da presente tempada, os XVII Campionatos do Mundo.

A esta edición acude unha selección nacional integrada por un total de 38 atletas entre os que se atopan os galegos Ana Peleteiro e Adrián Ben que coincidirán co Responsable de Marcha da RFEA Santi Pérez, a xuiz árbitro Internacional Dolores Rojas e con Frank Casañas que estrea tarefas de adestrador ca Selección colombiana.

Ó longo destas dazaoito edicións teñen sido un total de 23 atletas galegas/os (contando a presente edición) quenes acudirían á segunda cita atlética máis importante do calendario internacional logo dos Xogos Olímpicos. A maior presenza de galegas e galegos correspondería ó ano 1999 que tería na capital andaluza de Sevilla a súa sede e onde acudiron a competir un total de seis atletas. Helsinki-2005 e Pekin-2015 serán as únicas citas onde o nosos deportistas non estarían presentes.

En canto ó maior número de participacións comparten esta honra Alejandro Gómez na categoría masculina (Tokio-91; Goteborg-95; Sevilla-99 e París 2003) e Julia Vaquero na feminina (Tokio-91; Stuttgart-93; Atenas-97 e Sevilla-99) ambos con catro. Con tres están Andrés Díaz, Santi Pérez e María Abel.

No apartado de resultados os máis salientables ata o momento corresponderon ó mediofondista coruñés Andrés Díaz quen en Sevilla lograría un 5º lugar nos 1.500 m. e a da guardesa Julia Vaquero quen asinaba un 6º posto nos 5.000 m. nesa mesma cidade.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil rexistra unha iniciativa parlamentaria na que pregunta  porqué  volveu como tertuliana a ex -Valedora do Pobo, Milagros Otero aos Faladoiros da Radio Galega, si foi unha  unha decisión da dirección da CRTVG ou da radio pública recuperala e se a  Dirección Xeral da CRTVG cre que unha persoa á que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sinalou como responsábel de “desvío de poder” e “arbitrariedade”, como cacique, pode ocupar un micro na radio pública.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A Plataforma “Por un monte galego con futuro” compareceu hoxe, 19 de setembro, nunha rolda de prensa en Compostela, para denunciar, tras o verán, o incumprimento total de boa parte das medidas contempladas no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galiza (Pladiga) e das desastrosas políticas forestais que se están a levar a cabo dende a Xunta.

Aparecen osos un animal nas escavacións da rúa Rouco

Información
Portada | 19 Septiembre 2019 | 2386 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A escavación dos servizos na rúa do Rouco deu a pasada semana unha sorpresa. Os operarios atoparon osos tapados con cunchas de vieira. Logo dun estudo detallado, sóubose que corresponden a un animal de catro patas.

Os restos están a disposición do departamento de arqueoloxía do Concello que encargará os estudos oportunos para obter máis información ao respecto.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A portavoz nacional do BNG , Ana Pontón, restou importancia ao feito de que o PP decida adiantar a data do debate de política xeral da nación galega previsto para outubro, por considerar que non vai cambiar a xa habitual estratexia do xefe do Executivo: evitar falar dos problemas de Galiza e tapar a súa falta de alternativas para solucionalos.