social youtube xornalgalicia   feed-image

A nova edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) falará de cine, pero tamén de televisión, dado que por primeira vez, o certame acollerá a estrea das novas series de ficción da televisión galega: "Lobos e cordeiros" e "Os Mariachi", froito dunha especial alianza coa TVG. As estreas terán lugar no Teatro Principal e contarán coa asistencia de gran parte do elenco de cada unha destas producións.

social youtube xornalgalicia   feed-image

O músico vasco Kepa Junkera sempre sentiu paixón pola celebración do Entroido galego e, por fin, neste 2018 viviuno en primeira persoa. A súa experiencia, a veces como un espectador máis e outras como partícipe activo, quedou plasmada no documental "Mar de Terra" que será a película de inauguración da nova edición do Festival Internacional de Cine de Ourense.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Caballero presentou á comunidade docente o programa educativo "Planeta Cíes", un ambicioso proxecto que abarca todas as etapas educativas e que é un paso máis para consolidar a candidatura das illas a Patrimonio da Humanidade. 
A través de diversas unidades didácticas, talleres e libros divulgativos, o proxecto achega a escolares de Primaria, Secundaria e ámbito universitario os valores e principios que inspiran a candidatura do Concello.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A diversidad de tipos de vertidos contaminantes que van parar ao mar desde vectores moi dispares, fundamentalmente as augas residuales urbanas, os ríos que verten ao mar, as actividades agrícolas, a actividade industrial e o tráfico marítimo. A Garda Civil, no marco da Operación ?30 días no mar?, lanzada por INTERPOL a nivel mundial e coordinada por EUROPOL entre os Estados membros da UE, está investigando a un total de 72 persoas físicas/xurídicas por diferentes delitos vinculados á contaminación mariña. Ademais detectáronse 73 incidentes relacionados con vertidos que se produciron de xeito directo ou indirecta ao mar.

social youtube xornalgalicia   feed-image

O preacordo de convenio colectivo estatal asinado este sábado entre os sindicatos e a patronal do sector dos produtos elaborados do mar supón un “avance fundamental” na dignificación das condicións laborais ao contemplar unha importante suba salarial (do 16 ao 20% segundo a categoría) e incluír boa parte das melloras sociais que reclamaban as traballadoras/es. Con todo, as asembleas que se celebrarán a partir deste luns nas empresas deberán ratificar o pactado, o que suporía a desconvocatoria da folga indefinida prevista para este xoves 15.

Laura Romero, gañadora do primeiro premio Compostela Ilustrada

Información
Portada | 11 Noviembre 2018 | 3404 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ilustr ganadoraA ilustradora de Ordes (A Coruña) Laura Romero foi a gañadora do primeiro premio Compostela Ilustrada, que hoxe se entregou en Santiago. O xurado considerou a Laura Romero merecedora do galardón por una ilustración da Rúa do Vilar que fixo no transcurso do Encontro de Ilustradores de Cadernos de Viaxe que se desenvolveu en Santiago dende o xoves.

Isidoro Hornillos reelexido cun amplo respaldo, presidente da FGA

Información
Portada | 11 Noviembre 2018 | 3538 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Isidoro Hornillos sería reelexido no día de hoxe Presidente da Federación Galega de Atletismo por cuarto mandato consecutivo logo de recibir o respaldo maioritario do 92% da Asemblea Xeral. Os escrutinio depararía tres votos en branco e cero votos para o candidato aspirante Joaquín Pérez.