Piden a Feixóo adoptar medidas máis contundentes “para salvar vidas”

Información
Portada | 30 Marzo 2020 | 3172 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A portavoz nacional, Ana Pontón, reiterou no Parlamento a total colaboración do BNG co Goberno galego na loita contra o coronavirus pero instou ao presidente da Xunta a adoptar medidas contundentes pero que son claves para salvar vidas: reclamar o peche dos territorios que teñen un gran foco do virus e reclamar a total paralización de toda a actividade económica non esencial.

“O BNG está a disposición do Goberno da Xunta e, sobre todo, está a disposición dos galegos e das galegas para sumar en todo o que sexa necesario para saír da crise, sen escatimar esforzos nin colaboración leal”, salientou Pontón, “pero a lealdade non é un cheque en branco, non consiste en mirar para outro lado ante decisións que consideramos erróneas por parte do Goberno do Estado ou por parte da Xunta cando o que está en xogo é a saúde das persoas”.

As maiores pandemias da historia

Información
Portada | 17 Marzo 2020 | 2998 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Agora que a Organización Mundial da Saúde declarou oficialmente ao Covid-19, máis coñecido como coronavirus, unha pandemia. Nós desde Cultture queremos lembrar as outras pandemias que arrasaron á humanidade. Algunhas delas mataron máis xente que as guerras mundiais xuntas.

As vexigas foi a pandemia máis letal da historia da humanidade, cunha estimación de acabar coa vida de máis de 300 millóns de persoas. Esta enfermidade era moi infecciosa e moi contaxiosa causada polo virus Variola virus. O seu nome vén dado polos vultos que deixan marcada a pel da persoa contaxiada con ela. Por sorte esta enfermidade atópase erradicada desde 1980.

O sarampelo foi a segunda pandemia máis letal, acabando cuns 200 millóns de persoas aproximadamente. A pesar de que está moi asociada á infancia, non todos a collemos. É outra enfermidade que deixa marcas visibles na pel en forma de manchas avermelladas, ás que hai que engadir febres altas e inflamación pulmonar. Por sorte tamén o sarampelo considérase erradicado grazas aos medicamentos e vacinas existentes.

Braga é de vital importância no Caminho da Geira

Información
Portada | 13 Marzo 2020 | 3091 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Entrevista geira abdón 03

Abdón Fernández, presidente da AJCMR   Braga é de vital importância no Caminho da Geira”

Há três anos a Associação Jacobeia do Caminho Minhoto Ribeiro (AJCMR) apresentou em Braga o traçado do Caminho da Geira, coincidente, na sua quase totalidade, com o que foi oficializado em março de 2019 pela Igreja. Abdón Fernández, presidente, realça nesta entrevista o papel da componente portuguesa e das associações envolvidas neste projeto.

O caminho Braga-Santiago tem duas propostas de traçado (Geira e dos Arrieiros e o dos concelhos). Qual defende a AJCMR?

A nossa intenção não é diabolizar, nem prejudicar o projeto ou o objetivo global. As diferenças resultam da forma como se interpretam os dados históricos que abarcam os traçados dos caminhos de peregrinos. As duas propostas são fruto do trabalho iniciado com a fundação da AJCMR, em 2009, ainda que chegando a conclusões muito diferentes. No entanto, não devendo haver dúvidas sobre a história, quem detém o poder possui, muitas vezes, os meios para impor a sua versão.

social youtube xornalgalicia   feed-image
A Deputación de Lugo recibiu xa 5.000 reservas para a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que activará o 4 de abril
A Xunta de Goberno aprobou o encargo á empresa públicaTragsada prestación deste servizo turístico, que vive un “aumento continuo de viaxeiros” e“xera un efecto multiplicador na provincia en termos de pernoitas, de consumo no sector hostaleiro e comercial, e supón un incentivo para a iniciativa privada en xeral”, subliñou o Presidente

A ruta Cabo do Mundo reforzarase cun informador turístico no embarcadoiro durante os meses de maior afluencia de viaxeiros para mellorar a promoción e a atención

Entroido, unha demostración por redución ao absurdo

Información
Portada | 23 Febrero 2020 | 6543 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Máscara tradicional do Entroido galego. Santi AlviteMáscara tradicional do Entroido galego. Santi AlviteO Entroido é unha das festas populares máis celebradas en toda Galicia. Hoxe enténdese coma un tempo lúdico, para gozar da gastronomía típica, ou mesmo facer falcatruadas. Porén, a longa tradición deste festexo agocha un sentido completo, e tamén a resposta a múltiples incógnitas en torno ao mesmo. Cal é a súa orixe? De onde vén o seu nome? Por que se usan máscaras ou se come cocido? Velaquí unha pequena viaxe polas raíces do Entroido galego.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Ourense, 11 de febreiro de 2020.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, á plataforma "Galicia en pé... na defensa do rural, Galicia Baleira", unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense (Limiar). Tras presentarse nas diferentes administracións lucenses, os membros desta plataforma visitan hoxe as institucións ourensáns para facer visible a súa fundación e as súas demandas, presentando unha lista de medidas coas que contribuír na loita contra o despoboamento das zonas rurais.

Paso de xigante na loita contra o cancro

Información
Portada | 07 Febrero 2020 | 7595 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Laboratorio da USC. Imaxe de arquivo. FOTO: Santi AlviteLaboratorio da USC. Imaxe de arquivo. FOTO: Santi Alvite

Investigadores da USC acaban de descubrir un mecanismo de mutación implicado no desenvolvemento dos cancros humanos que pon no punto de mira aos retrotransposóns, rexións de ADN ata agora ignoradas que explican a orixe e progresión de certos tumores e abren novas vías de prevención e tratamento desta enfermidade.  O traballo, o maior realizado ata a data no campo da xenómica do cancro, inclúe a análise xenómica de tumores en case 3.000 pacientes e 38 tipos diferentes de cancro. Este traballo enmárcase no consorcio internacional Pan-Cancer, unha iniciativa de enorme envergadura para o estudo das bases xenéticas do cancro, na que participaron durante sete anos preto de 1.000 investigadores de todo o mundo.