Exemplo dunha spin-off da USC liderada por mulleres
Información
17 Marzo 20192841 votos
A vicerreitora Victoria Otero e o vicepresidente atenden as explicacións de Tatiana López. Foto: Xunta de Galicia
A empresa Nanogap, dirixida pola química Tatiana López do Río, recibiu este venres a visita do responsable da Vicepresidencia da Xunta de Galicia da que depende a Secretaría Xeral de Igualdade, Alfonso Rueda, como exemplo dunha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela liderada en feminino. Nas instalacións de Milladoiro agardábano a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero, e representantes da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento e do Programa Woman Emprende da USC.
Nanogap Sub-Nm-Powder, que xurdiu como empresa de base tecnolóxica coa axuda de toda a estrutura de apoio ao emprendemento da USC, dedícase á produción de nanopartículas e ao desenvolvemento de clústeres metálicos (nanopartículas de tamaño inferior a 1nm) para aplicacións en campos como a biomedicina e a enerxía.
Creouna en 2006 un grupo de investigadores do Laboratorio de Magnetismo e Nanotecnoloxía da USC Nanomag co obxecto de trasladar ao ámbito empresarial os coñecementos adquiridos durante máis de 20 anos de investigación, así como a explotación comercial dunha patente para a produción de nanopartículas. Na actualidade, o 70 por cento do seu cadro de persoal son mulleres.
Liderada por unha muller e participada pola USC, a empresa contou nos seus inicios co asesoramento e axuda de Woman Emprende, o programa da Universidade de Santiago de Compostela de apoio ás emprendedoras, do programa Empresa Concepto de Uniemprende e do soporte económico de Unirisco. Ademais, neste caso concreto recibe unha axuda do Fondo Galicia Innova Tech.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)