Información
Portada

Autovía A-57: gastar cartos públicos para manter o negocio de Audasa

Información
04 Febrero 2019 686 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Este 4 de febreiro remata a prazo de alegacións do treito da autoestrada A-57A Ermida–Pilarteiros proxectada como circunvalación de Pontevedra. É unha infraestrutura que nace sen demanda social, cara, e froito de políticas de mobilidade caducas e insustentábeis, xa que o tráfico de alta capacidade da comarca podería ser absorbido pola AP-9, se resgataran a peaxe.  
O plano técnico deste novo treito contempla dúas alternativas de trazado, que atravesan mediante viadutos o espazo natural do río Lérez integrado na Rede Natura 2000.

ADEGA denuncia o malgasto de cartos públicos que supoñen este tipo de infraestruturas, baseada en políticas de mobilidade caducas e insustentábeis, e cuxa única fin semella ser manter o negocio das grandes construtoras e seguir engordando as contas da concesionaria da AP-9.

Desvertebrando o territorio: o impacto da A-57 na fauna, flora e paisaxe

Ambas as dúas variantes consideradas para o treito da A-57 afectan ao espazo protexido ZEC Río Lérez, código UE ES1140002, parte da RN2000 galega. Este espazo protexido acolle hábitats prioritarios e de interese europeo, particularmente o 91E0* Bosques aluviais coa asociación Senecio bayonensi - Alnetum glutinosae (hábitat prioritario) e 9230 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica, que verán reducida a súa superficie de xeito significativo.

 A construción da infraestrutura eliminará nada menos que 9.346,28 e 4.240,91 metros cadrados de 91E0* (bosques aluviais) para as alternativas 1 e 2 respeitivamente; e 653,27 e 1.739,19 metros cadrados de 9230 (carballeiras).  

 

Polo que atinxe ás especies, particularmente aquelas presentes nos hábitats máis sensíbeis, quer o 91E0* e o 9230, que son os que amosan unha maior diversidade de taxóns (101 e 78 respeitivamente) as afeccións do proxecto son tamén importantes. Algunhas destas especies gozan de protección ao abeiro das Directivas 2009/147/CE de Aves e 92/43 CEE de Hábitats, para as que foi designada a Rede Natura 2000. 

A construción da autoestrada A-57 afectará permanentemente aos hábitats e áreas de distribución destas especies, constituindo unha barreira ecolóxica que fragmentará seu territorio e illará as diversas poboacións. Particular atención merecen as especies catalogadas como “vulnerábeis” e “en perigo de extinción”. Trátase xa de poboacións reducidas, moi fragmentadas e con áreas de distribución en contracción, para as que a infraestrutura proxectada podería supoñer unha merma importante da súa presenza ou mesmo a súa desaparición, caso das consideradas “en perigo”.  

Por outra banda, a modificación do perfil xeomorfolóxico causado polos movementos de terras, xunto co impacto visual permanente da infraestrutura construída, provocará unha merma importante na calidade da paisaxe, con efectos sinérxicos negativos ao engadirse ás plantacións de eucaliptos e piñeiros e á dispersión poboacional da contorna, derivada dun déficit de xestión no ordenamento territorial.

A autovía A-57, unha infraestrutura innecesaria, caduca e insustentábel
 
A A-57 é unha infraestrutura que nace sen demanda social, xa que o tráfico de alta capacidade da comarca podería ser absorbido polo actual trazado da AP-9, que atravesa o oeste da cidade de Pontevedra. Deste xeito, a gratuidade e a eliminación das peaxes da Autoestrada do Atlántico potenciaría o seu uso a nível comarcal, facendo aínda máis prescindible o trazado da A-57 e desconxestionando as estradas locais da banda leste. Sen esta presión, a xustificación desta obra carece aínda máis de fundamento.

Dende ADEGA preguntámonos como é que o aforro dos 140 millóns de € que custaría este treito, poderían a dicir do promotor “condicionar negativamente o desenvolvemento socio-económico e mesmo ambiental”. Coa adecuación da actual rede viaria (para a que o promotor recoñece que non están previstas milloras, utilizando este argumento a favor da A-57!), e as positivas dinámicas que xeraría a proposta liberación da AP-9 non só para a comarca senon para o conxunto de Galiza, a suposta necesidade desta infraestrutura quedaría aínda máis en entredito.  

ADEGA denuncia o malgasto de cartos públicos que supoñen este tipo de infraestruturas, baseada en políticas de mobilidade caducas e insustentábeis, e cuxa única fin semella ser manter o negocio das grandes construtoras e seguir engordando as contas da concesionaria da AP-9.

http://www.adega.gal/desc.php?id=6803&n=Alegacions ADEGA TREITO A-57.pdf" Alegacións ADEGA A-57 Ermida-Pilarteiros

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)