Información
Portada

Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano

Información
29 Enero 2019 668 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
risfafakeO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano.
 
Como únicos ingresos contará coa RISGA.
 
Con este xesto, o presidente galego quere amosar a súa solidariedade cos miles de fogares galegos que están en risco de pobreza (un 18,7% das galegas segundo as estatísticas) e que levan anos agardando por facer da RISGA un verdadeiro dereito.
Núñez Feijóo tomou esta decisión mentres “desde a Xunta non sexamos quen de publicar o decreto”.
 
Así desde febreiro e até a publicación da norma que desenvolva a lei de inclusión de Galiza o presidente da Xunta será perceptor da RISGA.
 
Durante todo o tempo que pase até a publicación do decreto que desenvolva a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza Feijóo vivirá con 403,38 €/mes. O
presidente recoñece así a súa responsabilidade e preocupación polo tema: "desde a entrada desta lei pasaron catro anos e tres conselleiros que non foron quen de publicar o decreto que ten que desenvolver os aspectos máis beneficiosos da RISGA, tiña que facer algo e optei por este xesto para chamar a atención".
O presidente tamén declarou que "complementarei os ingresos da RISGA, co paquete do Banco de Alimentos, coa axuda da parroquia e co que me dean nas ONGs. A RISGA non chega é precisarei da caridade de moitas organizacións para poder rematar os meses".
 
Preguntado pola posibilidade de poñer en marcha medidas que si garantan os dereitos de todas a ter unha vida digna, como por exemplo a Renda Básica das iguais que tantos en colectivos na Galiza veñen esixindo, di que "non descarta ningunha posibilidade. Todo dependerá do mal que o pase no tempo que cobre a RISGA".
 
Xa non sabemos como denunciar a mala vida que padecemos. Nesta ocasión empregamos unha "fake new" e tiramos de "clickbait" para tratar de chamar a atención sobre as desastrosas políticas que padecemos e que afondan na desigualdade e na inxustiza.
 
Facemos coma elas que constrúen unha realidade paralela, para tratar de agochar con mentiras e propaganda a dor que provocan na vida real. O pasado 14 de decembro de 2018 o presidente da Xunta volvía a anunciar a publicación do decreto, que con 4 anos e medio de atraso ten que desenvolver a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza. Hai xa tempo que perdemos a conta das veces que a Xunta anunciou a saída do decreto. Nas últimas declaracións de decembro Feijóo explicaba que as razóns para non desenvolver a lei estaban no impacto da crise nos orzamentos autonómicos e na necesidade de procurar "consenso" coas entidades sociais [1].
 
Négannos medidas que garantan unha vida digna para todas, na contra ofrecen mentiras que coas que alongar as faragullas ao mesmo tempo que reparten contratos de servizos sociais básicos a empresas amigas como: CLECE, EULEN...
 
Fronte estas políticas miserentas esiximos dereitos que aquí e agora permitan a todas vivir unha vida digna. Renda Básica das iguais e moito máis!
 
Coia, 28 xaneiro de 2019
Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)