Información
Portada

O MInistro de Cultura e Carmela Silva dedican seu tempo público a inaugurar "chiringuitos" con previsións de fracaso anticipado a luz de outros similares de anos anteriores.

Información
31 Octubre 2018 666 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

fOTO.- SIMULACIÓN COSTE DE CHIRINGUITOS, EN EL DE CARMELA SILVA NO TENEMOS TIKET.... DENUNCIAN QUE OS ÚNICOS BENEFICIADOS SON CATRO AFÍNS AOS INTERESES POLÍOTICOS DOS INTERESADOS QUE SE NEGAN  A FACER PÚBLICOS OS CARTOS DEDICADOS AO MESMO.- A exposición "Galaicos, un pobo entre dous mundos" será inaugurada este mércores 31 de outubro no Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nun acto que estará presidido polo ministro de Cultura, José Guirao, e ao que asistirán, entre outras personalidades, o director general de Bellas Artes, Román Fernández-Baca; o director do  Museo Arqueológico Nacional, Andrés Carretero; e alcaldes e alcaldesas de concellos dos que proceden as pezas da mostra como Lalín, Vilagarcía de Arousa, A Guarda, Cuntis, Silleda ou Catoira, entre outros.

Á inauguración, que poderá ser seguida por streaming ao través da web e das redes sociais da Deputación de Pontevedra, tamén asistirán o director da Casa de Galicia en Madrid,  José Ramón Ónega López; o presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez; o director general de Museos da Junta de Andalucia, Marcelino Sánchez, así como directores e directoras doutros Museos do estado, empresarios, persoal investigador do CSIC e medios de comunicación.

Organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte, a ambiciosa exposición do rico patrimonio cultural de Rías Baixas desde a Prehistoria está concibida como unha mostra itinerante que desde Madrid, onde estará ata febreiro de 2019, viaxará o ata Valencia, no Mediterráneo, e despois a Jaén, para regresar novamente ao Atlántico, ao Museo Provincial de Pontevedra, como símil da idea que se quere transmitir de confluencia de tradicións culturais entre dous mundos, o Atlántico e o Mediterráneo.

A mostra, cuxos comisarios son Rafael Rodríguez (arqueólogo da institución provincial) e Antoni Nicolau, conta cun total de 65 pezas, ás que hai que sumar outro tipo de recursos, como sete proxeccións, audiovisuais, 21 ilustracións de expertos e expertas diferentes especializados en ilustración arqueolóxica ou 24 vitrinas. Ocupará un total de 210 m2 , conta con pezas prestadas por 10 entidades de Galicia e Asturias, e na súa montaxe están implicadas ata 12 empresas.

Destas 10 entidades prestatarias, 5 son da provincia de Pontevedra: Museo de Pontevedra, MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, Museo do Mar de Galicia e Museo Massó. Tamén participan do resto de Galicia, máis aló das nosas actuais fronteiras administrativas: Museo Provincial de Lugo, Museo das Peregrinacións de Santiago, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Museo Arqueológico de Asturias.

Hai que subliñar que algunhas destas pezas nunca antes formaran parte de ningunha exposición, pois trátase de materiais arqueolóxicos dos xacementos que se están a por en valor co Protocolo firmado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para o aproveitamento turístico dos xacementos galaico-romanos da provincia como, por exemplo, Monte do Facho, Castro Alobre, Monte do Castro, A Lanzada e Castrolandín. Outras pezas non saíron nunca dos museos que as acollen, como o caldeiro e fíbula zoomorfa de Monte do Castro, askós de Alobre e machada votiva de Lalín, que abandonan por primeira vez o Museo de Pontevedra; tamén pezas que hai máis de 15 anos que non participan en exposicións que non sexan as do seu lugar habitual: o casco/cunca de Leiro, que saíu por última vez no 2003, e a diadema de Elviña, en 1991, ambas pezas no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón (A Coruña).

O CARÁCTER DA EXPOSICIÓN

Trátase dunha exposición de divulgación, de marcado carácter didáctico e explicativo que combina obxectos orixinais, réplicas, imaxes, ilustracións, textos e recursos audiovisuais. Parte do desenrolo dunha tese: o noroeste peninsular, e as Rías Baixas en particular, non son o "Finisterre" afastado que se abre unicamente ao Atlántico; ao contrario, é unha rexión que tamén se integra nos circuítos comerciais que se abren e expanden desde o Mediterráneo. Esta posición central deste espazo na costa atlántica convérteo nun territorio de confluencia de tradicións culturais e gran actividade comercial debido a súa posición estratéxica.

O MODELO EXPOSITIVO

A exposición plantéxase como unha viaxe e iníciase cun audiovisual que, mediante imaxes en movemento, transmítenos a idea subliminar da exposición: as conexión que ao longo da prehistoria e a historia antiga mantivo o Noroeste peninsular entre dous mundos, a cultura atlántica e a cultura mediterránea. Para ilo cóntase con 7 proxeccións asociadas a 7 obxectos procedentes do mundo atlántico e mediterráneo que aparecen en xacementos galaicos: depósito de Samieira (Poio), espada Sa Idda de Catoira, Askós de Alobre (Vilagarcía de Arousa), Caldeiro e fíbula zoomorfa de Monte do Castro (Ribadumia), Ánfora de Bueu e ungüentario oriental, atopado en Vigo.

Otros articulos relacionados.....