FIOT posiciónase a favor da igualdade coa campaña "Somos fioteiras", na que participan mulleres de Carballo

Información
06 Octubre 2018 2419 votos - Registrate para votar
Presentación da campaña

Presentación da campaña "Somos fioteiras", hoxe

A 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) posiciónase a favor da igualdade e en contra da discriminación de xénero, polo que programou unha serie de accións que pretenden concienciar, reinvindicar e integrar o papel da muller na sociedade entre os seus valores. Pero o obxectivo de dar visibilidade á muller nas artes escénicas non será cuestión dunha edición, senón que terá continuidade, xa que a organización do FIOT entende o teatro como unha ferramenta social que promove o cambio.

 

Tres obras de sala e unha campaña co lema Somos fioteiras constitúen a toma de posición do FIOT na loita pola igualdade. Hoxe tivo lugar no complexo deportivo das Eiroas, coa participación do presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro; a concelleira de Igualdade, Maica Ures, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo, a presentación dunha campaña gráfica na que participan mulleres de Carballo que representan distintos sectores da sociedade, o lecer (a través do surf), a industria (repostería), a música (rock) e o deporte (fútbol). Nesta inicitiva participan as mozas das escolas deportivas Luis Calvo Sanz, un dos poucos clubs galegos que apostan pola canteira feminina nun deporte como o fútbol. Elas tamén participaron na presentación da campaña, que se difundirá nos vindeiros días.

Tres obras de sala

Dentro da programación de sala, a primeira cita co teatro que responde a esta filosofía será o venres 12 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura. A Nova Compañía presentará PlayOff, peza que fala de mulleres que queren romper cos teitos de cristal do deporte. A obra é da dramaturga Marta Buchaca, que profundiza no universo feminino nun ámbito tan abonado para o machismo como o do deporte, e en particular o fútbol.

A representación transcorre no vestiario dun polideportivo, onde sete mozas expoñen os seus medos e ilusións, inquedanzas e reivindicacións, todo con bastante humor. O fútbol nesta reivindicativa traxicomedia é unha escusa que a súa autora utiliza para falar das inxustas situacións ás que, aínda hoxe, se enfrontan as mulleres.

Fedra é a segunda obra que reivindica a igualdade. A cita é no Pazo da Cultura o sábado 13 ás 20.30 horas. A Fedra que se estrea en Carballo e á que Lolita Flores inxectará paixón sobre o escenario, é “unha historia de liberdade e de amor, porque Fedra é unha historia de desamor e por tanto de amor”, conclúe Luis Luque, o director da obra, que engade: “O que quixemos con esta Fedra é sacar ao personaxe dese letargo no que sempre se atopou para crear unha muller máis combativa e con menos medos; unha persoa que, fuxindo da traxedia, mergúllase de cheo no personaxe e pelexa fronte a fronte; unha muller sen culpas, capaz de loitar polo que quere e que, ante todo, atrévese a amar”.

O bloque final da campaña en pro da igualdade correrá a cargo de Serena Producións coa obra Iphigenia en Vallecas. A posta en escena será o sábado 20 de outubro ás 20.30 horas . A obra, protagonizada por María Hervás, versa sobre a vida dunha moza sen recursos que sobrevive como pode e que “nin estuda, nin traballa, nin sabe que facer coa súa vida”. O seu autor, Gary Owen, gañou o premio ao mellor texto no Festival de Edimburgo

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago