Información
Portada

Turismo sostible, xeotermia, experiencias de cooperación no ámbito da auga, aproveitamentos dos mananciais, protección dos recursos naturais e o Plan Termal foron temas de debate das Cidades Termais Históricas de Europa

Información
04 Octubre 2018 1948 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ourense convértese estes días na capital europea do termalismo coa celebración da asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA), un cumio que reúne a representantes dos principais territorios termais europeos, "unha oportunidade de cooperación e dinamización que sitúa á provincia de Ourense ao máis alto nivel no ámbito termal", afirmou hoxe no Teatro Principal o presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente da EHTTA, Manuel Baltar.

 

No seminario "Cafés de Europa", foro de debate e innovación en materia termal que precede á celebración, mañá xoves, da asemblea da EHTTA, Baltar destacou "as iniciativas de valorización do patrimonio termal da provincia de Ourense que desenvolve o plan "Ourense, a provincia termal", remarcando que este proxecto, promovido pola Deputación de Ourense co apoio da Xunta, "fixa como obxectivo potenciar os recursos turísticos, naturais e culturais de Ourense, para o cal se definiron 71 actuacións para o período 2014-2020, das que o 70 % está xa executado ou en proceso de execución".

Manuel Baltar destacou diante dos representantes termais europeos o potencial e os logros económicos e empresariais acadados pola provincia de Ourense, citando exemplos como o sector vitivinícola; a innovación tecnolóxica que se desenvolve en Tecnópole; a agroindustria; a participación ourensá na liña férrea a La Meca, en Arabia Saudí, e os servizos, "onde a cultura e o termalismo xogan un papel fundamental". "Todo é posible –remarcou Baltar- porque cremos na cooperación e nas posibilidades do traballo en rede, tanto nacional como internacional, como demostran as misións comerciais entre Ourense e Estados Unidos, a participación en Partenalia ou a pertenza á EHTTA", a entidade de termalismo máis importante de Europa, que abrangue 40 membros de 13 países.

Termalismo e turismo sostible

Na xornada de hoxe debatéronse temas de turismo sostible, xeotermia, experiencias de cooperación no ámbito da auga, aproveitamentos enerxéticos dos mananciais, protección dos recursos naturais e o Plan Termal de Ourense, unha xornada que contou tamén coa participación do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e Giuseppe Bellandi, presidente da EHTTA. Precisamente, Bellandi –quen asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense- subliñou a importancia deste cumio "para a posta en común de proxectos termais que suporán unha oportunidade competitiva para os nosos territorios".

Previamente á xornada, pola mañá, tivo lugar na rúa do Paseo de Ourense a inauguración da exposición "Itinerario europeo do patrimonio termal", que fai un percorrido histórico da importancia do termalismo en Europa, poñendo a pé de rúa os importantes valores da cultura termal. A exposición conta co apoio da Deputación e do Concello de Ourense.

Mañá xoves terá lugar no salón de plenos do Concello de Ourense a celebración da asemblea xeral da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa, na que participan medio cento de delegados, un evento co-organizado pola Deputación e o Concello de Ourense. As actividades abranguen sesións e relatorios sobre a actualidade do termalismo, así como a realización de visitas a diferentes enclaves termais da cidade e da provincia. O venres os participantes visitará á Ribeira Sacra e o balneario de Laias Caldaria, participando nunha presentación de programas de termalismo.

A Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa, entidade á que pertence a Deputación de Ourense, é a rede termal máis importante de Europa, integrada por cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, unha das fundadoras, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)