Información
Portada

Amizade, amor, traizón, odio, sentimentos humanos que van máis alá do tempo e do espazo das Pontes

Información
18 Agosto 2018 1806 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Un ano máis, deixámosvos unha historia que puido ter acontecido hai centos de anos na nosa bisbarra. Amizade, amor, traizón, odio, sentimentos humanos que van máis alá do tempo e do espazo.

Non queremos esquencernos de todos cantos colaboraron con nós para facer posible este spot: Noa e Antía de Prado Ventura Hípica, Isidro Cillero da Liga Santaballesa, e os actores José María Castro, Xosé Cendán, Alberto Bouza, Marcos de la Fuente, Luis Prieto, Francisco Franco, Manolo Camba, Vicente Roca, Cristian Franco, Kevin González, Anxo Lamelo e Genma Pardo. A todos eles o noso agradecemento! V Cita coa Historia das Pontes

Spot promocional da V Cita coa Historia das Pontes que terá lugar nas Pontes os días 14, 15 e 16 de setembro de 2018. Este evento está organizado pola Asociación Lembranza da Vila co patrocinio do Concello de As Pontes.

A Cita coa Historia dás Pontes é o evento que dá a bienvenida ao verán. Esta cita percorre os periodos históricos máis importantes da historia da comarca do Eume, traendo ata o presente personaxes, costumes e tradicións doutras épocas pasadas. Desde os primeiros asentamientos dos pobos celtas ata o século XIV, no que García Rodríguez recibe o ducado das Pontes.

 Este evento substitúe á tradicional feira medieval que se celebraba desde fai anos no mes de setembro. A comezos de verán, o pasado viaxa ata o presente para ofrecer uns días onde a historia, a cultura e a diversión inundan as rúas da Vila das Pontes de García Rodríguez.

 Visitantes e veciños poden gozar dunha das maiores recreaciones históricas de distintas épocas; grupos de tribos castreñas, a invasión das tropas romanas, as invasións de hordas bárbaras na alta idade media e ata soldados de García Rodríguez de Valcárcel, o nobre ao que Henrique II de Castilla concedeulle o señorío de Pontes de Hume en 1376 por rescatalo do cárcere trala batalla de Nájera.

 Ademais, entre outras moitas actividades para o goce de veciños e visitantes, realízanse demostracións de artesanía tradicional, exhibicións de cetrería, tiro con arco, espectáculos e concertos de música en vivo, tamén hai postos de venda de gastronomía, coiro e outros produtos artesanales e para os máis pequenos existen talleres infantís, música e teatro.

https://www.facebook.com/retrobator2000

https://www.youtube.com/embed/SVeSoGzCJiQ

Otros articulos relacionados.....