É unha inxustiza flagrante que a RAG nunca adicara o Día das Letras Galegas a Carvalho Calero
Información
10 Julio 20186602 votos
Con motivo da decisión adoptada pola Real Academia Galega que excluiu, máis un ano, Ricardo Carvalho Calero de ser homenaxeado no Día das Letras de 2019, a Executiva do Bloque Nacionalista Galego quere facer públicas as seguintes consideracións:
Expresar a máis profunda decepción porque, máis un ano, a Real Academia Galega (RAG) exclúa Ricardo Carvalho Calero de ser homenaxeado no Día das Letras. Esta decepción e mesmo frustración é partillada por moitas persoas, entidades e colectivos lingüísticos, culturais e populares do noso país que agardamos desde hai anos o que entendemos é un acto de xustiza.
O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa Executiva Nacional, quere recoñecer a traxectoria e o traballo desenvolvido por Antón Fraguas, sen dúbida unha persoa merecente de toda homenaxe e recoñecemento, exemplo da enorme riqueza da cultura galega que goza de moitas mulleres e homes que poderían ser homenaxeadas.
Porén, resulta unha inxustiza flagrante que Ricardo Carvalho Calero fose proposto en numerosas ocasións ao longo dos últimos anos e, aínda así, a Academia non tivese a valentía de recoñecer a súa figura, traballo e traxectoria na defensa da lingua galega; máis aínda nun contexto de enorme retroceso no uso da lingua propia cuxo futuro pasa por derrogar o marco legal que agride e nega os dereitos lingüísticos do pobo galego mais tamén, por estreitar os vínculos que historicamente unen Galiza coa Lusofonía.
Desde o BNG poremos todo o noso empeño colectivo na divulgación da obra e do traballo desenvolvido por Ricardo Carvalho Calero e a súa enorme contribución á normalización da lingua propia e a súa proxección internacional.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)