Información
Portada

Trasladan á Fiscalía o uso irregular das comisións de servizo orquestadas polo goberno de #xulioferreiro no Concello da Coruña.

Información
10 Junio 2018 965 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A sección sindical da CIG no Concello da Coruña puxo en coñecemento da Fiscalía provincial a situación que se está a dar nesta administración municipal a respecto da utilización fraudulenta do sistema de comisión de servizos para a provisión dalgúns postos de traballo.

#xulioferreiro xestiona literalmente o concello nos xulgados e fiscalías, como xa esta pouco saturada a xustiza como von profesor lles remite bastante traballo.


A representación sindical explica que se ben o uso da figura da comisión de servizos para a cobertura das vacantes non é algo novo no Concello, "o certo é que este Goberno estao levando ao extremo, convertendo algo que debería de responder a motivos de urxencia e necesidade en algo habitual".

Apuntan que nalgúns casos mesmo se está a vulnerar a legalidade vixente por superar o prazo máximo estabelecido de dous anos. "Este feito non se realiza de xeito inconsciente, pois nalgúns casos comunícase a fin da comisión de servizo por superar o tempo máximo, mentres que noutros casos se lle comunica a persoa o cese para volver nomeala ao día seguinte no mesmo posto e na mesma condición de comisión de servizo", explica o secretario da Sección Sindical, José María Calatayud, no escrito entregado á Fiscalía.

 Ao seu entender esta actuación supón "unha evidente fraude de lei" para obviar o prazo máximo de permanencia permitido.

Dende a sección sindical lamentan que, lonxe de solucionar a situación herdada de gobernos anteriores no relativo a que os postos de traballo estean cubertos polas persoas titulares, "o actual goberno municipal incrementou estas situacións, nalgúns casos mesmo disfrazándoos de procedementos obxectivos".

 

Denuncia no contencioso-administrativo

A Sección Sindical da CIG instou o Goberno municipal, "dende practicamente a súa toma de posesión", para que convocaran os concursos e regularizaran á adscrición dos empregados e empregadas municipais aos diferentes postos de traballo. "Pero as nosas advertencias non serviron para", censura. Neste senso, hai que lembrar que a CIG xa presentou denuncia no xulgado do contencioso-administrativo polo uso irregular das comisións de servizos.

Calatayud sinala que nestes momentos hai sobre 200 comisións de servizo que representan aproximadamente o 14% do cadro de persoal municipal, composto por unhas 1.500 traballadoras e traballadores. Desas comisións de servizos, arredor de 150 (o 75%) están nunha situación de irregularidade, ao superaren os dous anos máximos que permite a lei para este tipo de provisión de postos.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)