Información
Portada

Consenso e a unanimidade acadada entre todos los membros da mesa provincial do turismo de Pontevedra na súa primeira xuntanza oficial de constitución

Información
06 Junio 2018 952 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

mesaturismojunioConsenso e a unanimidade acadada entre todos los membros da mesa provincial do turismo de Ponetevedra na súa primeira xuntanza oficial de constitución

 

A xuntanza extraordinaria da mesa de turismo, se constituíu de forma oficial nesta mesa xuntanza, e na que se aprobaron o seu regulamento de funcionamento e as alegacións presentadas ao mesmo, dun xeito unánime por todos os seus integrantes.

A mesa provincial de turismo foi creada ao amparo do Plan Estratéxico de Turismo que fixou as liñas mestras da actuación da Deputación neste sector  e está conformada polo Clúster de Turismo de Galicia, Federación Provincial de Hostaleira; Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), aeroporto de Vigo, GDR Pontevedra Norte, GAL Ría de Arousa, GDR Baixo Miño, Ruta do Viño Rías Baixas, os centros de ensino Manuel Antonio e Carlos Oroza, e os concellos de Vigo, Pontevedra, Baiona e A Guarda.

Subliñaron que só se presentaron tres alegacións ao regulamento de funcionamento. Unha delas para  a participación do Porto de Vigo e foi aprobado, por unanimidade, que sexa invitado cada vez que vaian abordarse aspectos de turismo náutico; outra para a participación da asociación de hostaleiros de Pontevedra, que considerouse que  e participará na mesa; en terceiro, lugar existía a demanda dos concellos do interior de participar tamén na promoción. A este respecto Silva subliñou "que aprobouse sumar  á promoción ademais do  habitual ‘Rías Baixas', unha marca consolidada no tempo e moi coñecida, a de `Pontevedra Provincia', que abarca máis que o contido tradicional da marca de Rías Baixas".

A directora do aeroporto de Vigo, Ana Molés, incidiu na necesidade de promoción da provincia nos destinos cos que existen conexións aéreas, aspecto no que coincidiu a presidenta  ao destacar que "é unha vantaxe competitiva contar con rutas de avión fronte a outros territorios que non contan con esta posibilidade de atraer turistas". Tamén a mesa aceptou a proposta do Clúster de Turismo de acompañar a promoción en destino que fai a Deputación coa participación do propio sector privado mediante a celebración de "workshops". Silva xa anunciou que as promocións en Barcelona e Lisboa, que son as dúas próximas citas da institución provincial para a presentación do destino, participe xa o sector privado.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)