Información
Portada

Celta B golea, volve facer historia e xogará o play off de ascenso

Información
14 Mayo 2018 941 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Celta B realizou un espléndido partido, pleno der esforzo e calidade, para pechar a tempada con vitoria e apurar as súas opcións de xogar o play off. Goleó ao Guijuelo cunha fe e un sacrificio descomunais. Tivo premio.
 
O Celta B xogará o play off por terceira vez na súa historia.
 

 O filial mostrou unha ambición tremenda desde o inicio. Foise arriba con decisión e acertou no segundo minuto.

Gran centro de Juan Hernández e remate á rede de Dennis.

O filial acumulou ocasións e chegadas, pero o Gujuelo, moi metido atrás, logrou o empate pasado o primeiro cuarto de hora nunha contra que culminou Fuster.

Tardou en refacerse o Celta B do mazazo, pero recuperou o mando e as ocasións. Dennis puido marcar o segundo aos 26 minutos tras un centro desde a esquerda, pero o seu remate, na área pequena, saíu desviado.

Pouco despois, Juan Hernández marcou cun gran remate cruzado tras un espléndido pase de Drazic.

O descanso chegou sen novidades e cun filial envorcado.

Trala reanudación, o filial mantivo o empuxe e os riscos atrás ante un rival que contragolpeaba con perigo. A madeira impediu o terceiro tras un remate sobre a mesma liña de Agus aos 15 minutos tras unha gran xogada de Dennis.

Agus repareceu enseguida e aos 27 minutos cabeceou á rede tras un rexeite do porteiro. O filial aumentaba a súa vantaxe e soñaba co play off. Dennis pechou a goleada a falta de seis minutos cun remate certeiro tras un rexeite. O objetivó cumpriuse e o Celta B xogará o play off.

4-Celta B: Sotres, Kevin, Alende, Ros, Agus, Rai, Pastrana, Álex, Juan Hernández (Aarón Rey, min.84), Drazic (Dani Molina, min.80) e  Dennis (Pol, min.91)

1-CD Guijuelo: Amador, Abel, Ayala, Julio Algar, Kevin, Borja, Juanra (Ayub, min.64), Carlos Rubén (Raúl, min.77), Fuster, Carmona (Gavilán, min.70) e Diego Suárez

Goles: 1-0, min.2: Dennis; 1-1, min.16: Fuster; 2-1, min.29: Juan Hernández; 3-1, min.71: Agus; 4-1, min.84: Dennis

Árbitro: Palencai Caballero, do comité vasco. Amonestou a Kevin, Borja, Julio Algar, Ayub, Ayala, Rai

Campo: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)