Información
Portada

Lugo volverá viaxar 2.000 anos atrás co Arde Lvcvs máis participativo da súa historia, cunha programación 90% novidosa

Información
12 Mayo 2018 855 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 Lugo volverá viaxar 2.000 anos atrás co Arde Lvcvs máis participativo da súa historia, cunha programación 90% novidosaLara Méndez e Carmen Basadre presentaron o programa destes festexos, que ofrece unhas 350 actividades, entre as organizadas polo Concello, asociacións luguesas de recreación histórica e grupos de teatro do Lugo
A Alcaldesa incidiu na implicación, unha das peculiaridades destes festexos, "a que nos fixo conseguir o pasado ano ser Festa de Interese Turístico Nacional, e coa que intentaremos, traballando xuntos, o recoñecemento internacional"

 

A Concelleira de Cultura enxalzou a esencia do Arde Lvcvs, "que é alma, representada nas persoas que traballan para facer desta festa o que é; ideas: poñer en valor o noso patrimonio e historia, e sentimentos, os de pertencer a Lvcvs Avgsti"

O Arde Lvcvs arrincará o venres 15, ás 16:00 horas, coa apertura simbólica das portas da cidade, a cargo da Guardia Pretoriana. Como novidades do venres: un espectáculo sobre a fundación da cidade e a representación Baixo a Sombra
Alsa e Arriva ofrecen descontos para achegarse a Lugo a mergullarse na historia e percorrer o recinto amurallado, onde se pode gozar dun pasado máis vivo ca nunca, dun 25% e 10% respectivamente

Os días 15, 16 e 17 de xuño, un fenómeno máxico apoderarse de novo de cada recuncho de Lugo, transformando a cidade por completo. Será co Arde Lvcvs, cuxa verdadeira maxia é retroceder no tempo para gozar do legado cultural e histórico de Lugo en primeira persoa.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foron as encargadas de presentar este venres, no fondo da Praza Maior, a programación do Arde Lvcvs MMXVIII, uns festexos para os que o Concello, asociacións luguesas de recreación histórica e grupos de teatro prepararon nesta edición unhas 350 actividades para todos os públicos, e en distintos espazos destacados da cidade, o 90% novidades. Ao acto tamén asistiu o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, pois o organismo provincial colabora coa cita, así como representantes dos colectivos de recreación histórica e compañías de teatro do municipio.
"As e os lucenses saímos á rúa a demostrar que, ademais de ganas de festa, estamos orgullosos do noso pasado, das nosas orixes, estamos orgullosos de Lucus Augusti", subliñou, ao longo da presentación, a rexedora; quen subliñou que o Arde Lvcvs reúne os ingredientes que debe ter unha festa de recreación histórica: rigurosidade, fidelidade ao pasado, participación, que vai in crescendo, e con xente de distintos países de Europa. "Polo tanto, é unha cita que coloca Lugo no mapa nacional e internacional da recreación histórica", continuou Méndez, quen asegurou que esta festa define a un Lugo pensado por e para as persoas, que emprega espazos públicos que foron recuperados para o seu uso público, como o Cantiño Nemesio Cobreros, Praza Horta do Seminario, Praza de San Marcos ou o Vello Cárcere.
Implicación, a peculiaridade máxima do Arde Lvcvs
A rexedora, quen fixo un convite a mergullarse na historia e pecorrer o recinto amurallado, onde se pode gozar dun pasado máis vivo ca nunca; fixo fincapé na implicación, unha das peculiaridades destes festexos, "a que nos fixo conseguir o pasado ano ser Festa de Interese Turístico Nacional, e coa que intentaremos, traballando xuntos, o recoñecemento internacional."

De feito, se o Arde Lvcvs se fixo grande estes 17 anos foi grazas á participación, ben do o conxunto da cidadanía luguesa, de axentes sociais, de colexios, de clubs deportivos, organismo privados a través do patrocinio, Deputación de Lugo, e por suposto, das 17 asociacións de Lugo, que levan a cabo unha recreación histórica fidedigna en torno aos seus campamentos, que sosteñen un gran número de actividades da programación das festas. Nesta liña, tanto Méndez como Basadre felicitaron a Lugdunum, Terra Copora e Tig Na N`og, polo seu décimo aniversario.

Sobre a participación, a todos os niveis, tamén insistiu Eduardo Vidal, quen lle agradeceu ao Concello e ás asociacións luguesas por crer no Arde Lvcvs, "unha cita da que está orgullosa a provincia".

A estas felicitacións aos colectivos de recreación histórica tamén se sumou Carmen Basadre, definíndoos como "corazón e pedra angular da festa". Ademais quixo agradecer o traballo da área municipal de xuventude, encargada de organizar estas festas, e aos establecementos comerciais e locais de hostelería, cos que a entidade local, xunto a Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo puxo en marcha un concurso de decoración de escaparates, cuxo prazo de inscrición está aberto ata o día 20 de maio.

Un programa para viaxar 2.000 anos atrás
Tal e como explicou Lara Méndez, o programa, que devolverá Lugo a 2.000 anos atrás, arincará o venres ás 16:00 horas, coa xa tradicional apertura simbólica das portas da cidade, a cargo da Guardia Pretoriana. Ese mesmo día terá lugar a entrada das lexións pola Ponte Romana, celebrarase unha ofrenda ás ninfas no Balneario, e disputarase, por segundo ano consecutivo, tanto o torneo de Harpastum como a carreira Muris Lvcis, romanos contra castrexos. Como novidades do venres, a Praza de Santa María acollerá un espectáculo sobre a fundación da cidade, no que participarán os colectivos de Lugo e que inclúe tamén danza e música romana, e a representación sorpresa Baixo a Sombra.
Para o sábado, esta edición do Arde Lvcvs ten unha proposta universal para o desfile das tropas romans e tribus castrexas. Participarán 44 asociacións de recreación histórica, xunto ao César e Caio Antistio. A maiores dos colectivos de Lugo (Guardia Pretoriana, Cohors III Lucensium, Cohors X Urbanae, Lucus Equites, Caetra Lucensium, Salesiani Luci Augusti, Vestais de Lucus Augusti, Senatus Lucus Augusti, Asamblearias, Ara Roma, Pax Romana, Civitas Lucenisis, Lugdunum e Son de LLugh, Tin Na N´og, Castronela, Clan de Breogán, Trebas Galaicas e Mercenarios Galaicos) achegaranse do resto de Galicia, de España, como por exemplo Astorga, Sagunto e Cartaxena; e do resto de xeografía internacional, entre eles Portugal, Italia, Rumania e Francia. Esta xornada tamén acollerá, ás 23:55 un espectáculo sorpresa na explanada do Pavillón Municipal, baixo o nome Divinium, e tamén o concerto do grupo instrumental de música celta Gwendal, dende a 01:30 horas, na Praza de Santa María. O terceiro día, como vén sendo habitual, será a quenda do desfile dos 21 colexios do municipio. Tamén habera unha homenaxe á muralla.
Este ano unificaranse os tres restaurantes na Praza de Bretaña, crearase un espazo de teatro fixo no patio exterior do Vello Cárcere, haberá novas actuacións de todas as compañías de teatro da cidade, e elaborarase un miliario de todas as asociacións. Ademais, segundo explicou Basadre, os ilustradores de banda deseñada de Galicia, debuxarán en directo o Arde Lvdvs, e tamén se ofrecerá, por primeira vez un menú oficial, que se renovará cada ano, que darán 12 locais; composto por entrantes, merluza de Burela, polo e postres, todo elo aderezado por sabores da Época Romana. Tamén é a primeira vez que hai xogos galaicos para os máis pequenos e pequenas da casa, feitos tamén polas asociacións de Lugo.
Non faltará nesta edición o circo romano, o asalto ao Medulio, animación de rúa, con música, teatro, bautizos e vodas romanas e castrexas ou obradoiros. Tamén se realizará o nomeamento de Civitas Honoris e a recepción das distintas lexións e tropas. Como nos últimos anos, haberá un intérprete de signos para moitas das actividades.
Tamén, dentro dun municipio e dunhas festas libre de agresións, haberá espazos de información segura: no Concello, no centro de convivencia Uxío Novoneyra, na Oficina Municipal de Turismo e museo municipais.
O Arde Lvcvs: alma, ideas e sentimentos
Na presentación, a Concelleira de Cultura quixo enxalzar a esencia do Arde Lvcvs, "que é alma, representada nas persoas que traballan para facer desta festa o que é; son ideas: poñer en valor o noso patrimonio e historia, e sentimentos, os de pertencer a Lvcvs Avgsti".

Tamén quixo deixar constancia do valor cultural e turístico do Arde Lvcvs, unha forma distinta de atraer visitantes a Lugo facendo uso da nosa historia, "facemos presente do noso pasado e construiremos ese futuro, do noso pasado".

Campamentos
Carmen Basadre deu conta do novo emprazamento da Castra de Lvcvs Avgvsti, que se asentará no Parque de Rosalía de Castro, salvo dúas asociacións: Lvcvs Eqvites, que irá no aparcadoiro do Edificio Administrativo do Concello, e Caetra Lvcensivm, que se asentará na Praza Anxo Fernández Gómez, xunto a Ara Roma. Así mesmo lembrou os emprazamentos dos campamentos das diferentes asociacións. o Senatvs Lvcvs Avgvsti estará na Praza da Constitución, xunto con Pax Romana. As Asamblearias Lvcvs Avgvsti nos Xardíns do Museo Provincial e a Cohors III Lucensium na Praza Maior, onde tamén estarán as Vestais. A Praza de San Marcos acollerá o campamento da Guardia Pretoriana, a Praza Horta do Seminario, os Mercenarios Galaicos, e o Cantiño Nemesio Cobreros a Trebas Galacias. Xunto ao campamento dos Mercenarios tamén se instalarán, por segundo ano consecutivo, atraccións ecolóxicas para os nenos e nenas.
Descontos para achegarse a Lvcvs Avgvsti
Un ano máis ofrceranse descontos para os que se acheguen os días previos do Arde Lvcvs e durantes os festexos a Lugo nos autobuses Alsa, dende o 12 ao 19 de xuño, un 25% de desconto, e Arriva, os días 15, 16 e 17 de xuño, un 10%. Esta festa tamén estará presente nos distintos trens polo territorio nacional.
O Concello destina máis de 260.000 euros ao Arde Lvcs, que constitúe un escaparate de Lugo. Ademais, a entidade local repartirá máis de 15.000 carteis e 45.000 programas, 25.000 en galego, 19.000 en castelán, e, por primeira vez tamén en inglés, unha tirada de 3.000.
O programa xa se pode consultar na web oficial dos festexos, www.ardelucus.com

Otros articulos relacionados.....