Información
Portada

El Alcalde de Laracha José Manuel López Varela da impunidad a los dleitos ambientales y al mayor vertedero de neumáticos de Galicia

Información
27 Abril 2018 1102 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O día 6 de abril do pasado ano 2017 informaban os medios de comunicación da visita da Directora Xeral de Calidade Ambiental e rodasCambio Climático, Cruz Ferreira Costa, ás instalacións de Cerámica Campo en Lendo (A Laracha), para anunciar o inicio dos traballos de retirada das 35.000 toneladas de pneumáticos usados que se acumulan nestas instalacións desde principios dos anos 90.
Segundo a información publicada, a empresa adxudicataria disporía dun prazo de 15 meses para a retirada das rodas, e terían que desfacerse de 23.963 toneladas no pasado ano 2017 e o resto no presente ano 2018.

A realidade é que a día de hoxe, pasado xa máis dun ano, aínda non comezou a retirada das rodas que continúan alí amoreadas e supoñendo un risco de que poida acontecer unha catástrofe como a de Seseña en calquera momento.

Desde o BNG da Laracha preguntaremos ao goberno municipal por esta situación no próximo Pleno Ordinario da Corporación. Queremos saber se desde o concello se pediu algunha explicación á Xunta de Galiza polo retraso de máis dun ano dos traballos de retirada das rodas, se teñen algunha información e se pensan facer algo ao respecto ou van permanecer de brazos cruzados mentres continúa esa ameaza para a veciñanza do noso concello, apostilla  Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

Otros articulos relacionados.....