Información
Portada

Denuncian a falta de iniciativas do PPdeG sobre atención á saúde sexual das mulleres maiores de 65 anos

Información
07 Abril 2018 1805 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

“a  esta Xerencia, non lle interesa o programa das Mulleres e a prevención de enfermidades” e afirma que esta situación é peor para as mulleres maiores de 65 anos. “Non lle interesa facer consultas de saúde sexual nas etapas menopáusicas das mulleres. Non lle interesa programar detección das distintas patoloxías máis frecuentes nestas idades: cérvix, mama... Non lle interesa facer programas dirixidos á incontinencia urinaria, por exemplo, e xa non digamos dos problemas uterinos achegados nunha idade”.


CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar a falta de matronas en Galiza, onde o seu número é un 50% inferior á recomendación da OCDE, situándose así como última comunidade do Estado. Denuncia ademais a grave situación da Área sanitaria de Santiago onde as mulleres, sobre todo do ámbito rural, se vén obrigadas a desprazarse aos puntos de referencia de traballo das matronas, moitas veces afastados das súas localidades. Unha situación da que responsabilizan á mala xestión tanto do anterior Xerente, Luís Verde, como a da actual, Eloína Núñez.


CIG-Saúde asegura que hai matronas que levan 3, 4 ou mesmo 5 concellos distintos na súa axenda de traballo. A modo de exemplo, sinala que a Ordes, se lle suma Tordoia, Trazo, Frades e ás veces Mesía; a Melide, Toques, Santiso e Boimorto e no caso de Muros, a matrona ten que asumir as mulleres de Carnota e Mazaricos, cando por referencia estas últimas terían que ser atendidas en Santa Comba.Foto; Feijóo vendiendo humo a los mayores para conseguir su voto.

Programa das Mulleres

Por iso denuncia que “a  esta Xerencia, non lle interesa o programa das Mulleres e a prevención de enfermidades” e afirma que esta situación é peor para as mulleres maiores de 65 anos. “Non lle interesa facer consultas de saúde sexual nas etapas menopáusicas das mulleres. Non lle interesa programar detección das distintas patoloxías máis frecuentes nestas idades: cérvix, mama... Non lle interesa facer programas dirixidos á incontinencia urinaria, por exemplo, e xa non digamos dos problemas uterinos achegados nunha idade”.

Para a CIG-Saúde de Compostela este desinterese débese a que “canto máis se desprograme a atención ás mulleres fóra da idade reprodutiva e menos se faga, máis se aforra no ámbito de contratación do persoal e é cando as matronas sobran” De aí que pasen a ter até catro concellos como ámbito referencia.

Malia esta situación a CIG-Saúde salienta o labor do colectivo de matronas na atención primaria, “onde ten campo de abondo de traballo se lle deixan; asesoramento a xóvenes, screening enfermidades de transmisión sexual, detección violencia de xénero, asesoramento no aleitamento”. Un traballo que, denuncian, “non se pode limitar só o traballo ao embarazo e postparto inmediato”.

Considera que esta situación responde á concepción de que gastar cartos na prevención non é rendíbel e rexeitan que se valore máis como mérito de xestión recortar en persoal.

 

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)