Información
Portada

Interior denuncia a militantes do BNG por protestar contra a estafa das peaxes da AP-9

Información
06 Marzo 2018 1335 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O BNG denuncia que o Ministerio de Interior está enviando expedientes sancionadores a militantes do BNG que participaron no acto de protesta do pasado mes de decembro contra a estafa da subida das peaxes da AP-9. A citada protestas realizouse durante a farsa de inauguración das obras inacabadas da ampliación da ponte de Rande, -protagonizada polo presidente do Estado e polo presidente da Xunta, Raxoi e Feixóo-.

 

A día de hoxe, resulta evidente que a apertura dos novos accesos de Rande foi precipitada co único fin de beneficiar á concesionaria, -a costa da seguridade dos traballadores e dos propi@s usuari@s-, dando a AUDASA luz verde para subir unhas peaxes que o Bloque considera unha estafa legalizada, e que se aplican nun país que ten os segundos salarios máis baixos do Estado. De novo o PP, con Feixóo á cabeza, colócase do lado da multinacional en lugar de defender os intereses dos e das galegas, permitindo que a concesionaria siga facendo caixa e prestando un servizo de terceira, como queda plasmado nos milleiros de denuncias que acumula.

O Bloque xa anuncia que recorrerá estas multas e considera o mundo ao revés que sexan sancionadas as persoas que denuncian a estafa "legal" das peaxes durante unha inauguración fraudulenta e mesmo ilegal de obras inacabadas, cando o que debería facer o Goberno central e a Xunta é pedir explicacións a empresa executora da obras e a AUDASA e, como mínimo, paralizar calquera incremento nas peaxes.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)