Loli Toja, denunciou hoxe que a Xunta ten sen pagar preto de medio millón de euros en axudas ás Organizacións de Produtores de Pesca –OPP- do ano 2016
Información
16 Febrero 20182560 votos
oli Toja urxe o pago dunhas axudas fundamentais para a viabilidade destas entidades e reclama simplificar os trámites
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, denunciou hoxe que a Xunta ten sen pagar preto de medio millón de euros en axudas ás Organizacións de Produtores de Pesca –OPP- do ano 2016. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión sobre os retrasos duns pagos que a Xunta comprometera para finais de 2017.
Toja advirte que os plans de produción e comercialización destas OPP están aprobados dende 2014, pero as axudas “están bloqueadas dende a súa orixe”, cunha execución “practicamente nula” dende as administracións implicadas. Esta situación, sinala, obriga ao sector do mar a “anticipar os recursos, co conseguinte custe financeiro”.
Reclamou ademais axuda do goberno galego para a tramitación destas medidas, así como simplificar duns trámites “excesivamente burocratizados”, que resultan “pouco claros” e que xeran unha elevada inseguridade no sector. Esta situación leva a que moitos dos implicados renuncien a solicitar as axudas “polo alto risco de atoparse con que teñan que devolver as axudas”.
Explicou que as Organizacións de Produtores de Pesca son uns organismos recoñecidos oficialmente que se encargan da xestión diaria, desempregando unha función esencial no funcionamento da política pesqueira común e na organización común de mercados.
Estes encárganse de orientar aos produtores cara á pesca e acuicultura sustentables ou orientan a xestión dos afiliados, en definitiva, dixo, “medidas relacionadas coa trazabilidade dos produtos, pesca máis selectiva, sustentabilidade de recursos e melloras na súa comercialización”.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)