120 estudantes de secundaria e Bacharelato participan este mércores na USC na IX Olimpíada Galega de Xeoloxía
120 estudantes de secundaria e Bacharelato participan este mércores na USC na IX Olimpíada Galega de Xeoloxía
Información
06 Febrero 20183606 votos - Registrate para votar
Un total de 124 estudantes de secundaria e Bacharelato procedentes de diferentes centros educativos das provincias de Lugo, Coruña e Ourense formalizaron a súa inscrición para participar este mércores 7 de febreiro na USC nas probas da fase galega da IX Olimpíada Galega de Xeoloxía, un certame promovido a nivel nacional pola Asociación Española para o Ensino de Ciencias da Terra (AEPCET) en colaboración coa Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos, e que en Galicia suma un total de 202 inscricións.
As probas deste certame programadas na USC e nas que tomarán parte uns 124 estudantes, desenvolveranse de xeito simultáneo, a partir das 11.30 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo e na Facultade de Bioloxía de Compostela, onde se agarda a participación de 59 e 65 estudantes, respectivamente. A Facultade de Ciencias de Ourense e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas, en Vigo, tamén serán sede das fases provinciais deste certame programadas en Ourense e Pontevedra, respectivamente.
A IX Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade na que en Galicia colabora de xeito activo a USC a través do seu Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, pretende fomentar o interese do estudantado pre universitairo polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das Ciencias da Terra, ao tempo que busca animar aos participantes a orientar o seu futuro universitario cara a este eido, ademais de sensibilizar sobre a importancia da preservación do medio natural.
Os gañadores de cada unha das fases provinciais que se celebrarán este mércores participarán na fase española da Olimpíada de Xeoloxía, unha competición que se desenvolverá o 17 de marzo en Segovia. Os catro mellor clasificados na fase española poderán competir no campionato internacional, que terá lugar en agosto en Tailandia
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)