Información
Portada

Un ayuntamiento de Asturias declara lengua oficial o galego

Información
17 Enero 2018 3560 votos

O concello asturiano da Veiga (Vegadeo oficialmente en castelán) aprobou hai agora unha semana unha ordenanza pola que se declara a fala que alí se emprega como lingua oficial do municipio. Deste xeito, o eonaviego -galego de Asturias ou coñecido tamén como galego-asturiano no Principado- considérase, "xunto co castelán, lingua propia do Concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen". 

 

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (galego-ordenanza-veiga-asturias.pdf)galego-ordenanza-veiga-asturias.pdf 297 kB

O galego-asturiano pasa a ser "xunto co castelán, lingua propia do Concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen"

Con esta medida, o goberno local socialista da localidade limítrofe con Ribadeo dá un paso importante nun asunto lingüístico polémico desde hai algunhas décadas en Asturias.Convértese no primeiro municipio da comarca do Navia-Eo en situar o galego ao mesmo nivel có castelán e en plena igualdade con el. Na ordenanza municipal establécese que todos os cidadáns da Veiga "teñen dereito a empregar o galego-asturiano e a expresarse nel de palabra e por escrito, do mesmo xeito que o castelán" e aclara que poden dirixirse á administración local nesta fala e que terán dereito a recibir, "na medida do posible", todas as comunicacións neste mesmo idioma, ademais de "non ser discriminados" por empregala. 

Ademais, a ordenanza recolle o uso do galego nos plenos municipais, así como en calquera ámbito municipal, ao tempo que a web oficial do Concello tamén incluirá o eonaviego. Este texto legal foi aprobado cos votos a favor dos seis concelleiros socialistas e a abstención do PP e estipula tamén que a relación da administración local con outras administracións, así como a publicidade institucional, levarase a cabo en bilingüe. Tamén se aclara que se poderá valorar nas oposicións e concursos municipais o coñecemento do eonaviego e anima os cargos públicos a que usen o idioma ao exercer os seus cargos. 

"El uso del galego-asturiano como vehículo d'espresión y comunicación sigue sendo, despóis de siglos, unha constante na vida diaria dos vecíos y vecías del conceyo da Veiga, de toda a comarca eonaviega y d'unha boa parte d'Asturias, notándose, col paso del tempo, un aumento da sensibilidá social y dos poderes públicos coas pecularidades del feito lingüístico galego-asturiano, á qu'este conceyo se quer unir nel marco estricto das súas competencias", aclara a ordenaza no seu preámbulo e coa escrita oficial que o asimila máis ao asturiano.

Esta variante do galego fálase nos 18 concellos máis occidentais do Principado de Asturias

O galego de Asturias ou eonaviego é a fala do ocidente de Asturias, unha variedade lingüística do idioma galego que se espalla por toda a comarca asturiana comprendida entre os ríos Eo e Navia e que abrangue tamén o municipio galego de Negueira de Muñiz. Fálase nos 18 concellos máis occidentais do Principado, aínda que en 3 deles só se fala na súa metade máis occidental.

Malia que a inmensa maioría de estudos filolóxicos coinciden desde sempre en que a fala é un dialecto oriental do galego -versión na que coinciden o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega (RAG)-,desde Asturias son moitos os que consideran esta fala como unha lingua de transición entre o galego e asturiano ou mesmo totalmente independente tanto dunha como da outra. 

A Academia da Llengua Asturiana non acepta que se considera galego a esta lingua e por iso prefire a denominación eonaviego fronte a galego-asturiano, denominación empregada polo Goberno autonómico de Asturias, que en 2005 aprobou o Plan de normalización social do asturiano, no que a fala galega do Occiente é colocada en igualdade de condicións co asturiano. "El gallego asturiano o fala del occidente de Asturias, tendrá un tratamiento similar al bable o asturiano en todas las medidas que se recogen en el presente plan", di o texto. 

Aínda que non hai estudos moi recentes, o último apuntaba a que dos 45.000 habitantes desta comarca do Eo-Navia, máis do 70% declaraba falar en galego-asturiano, malia que só un de cada catro sabía lelo e moitos menos escribilo. O Principado de Asturias mantén a potestado en política lingüística nesta zona, mentres que foron varias as voces que reclamaron para o galego asturiano un tratamento idéntico ou semelante ao galego falado no Bierzo, polo que a Xunta mantén un convenio coa Junta de Castilla y León para o seu ensino en varios centros. 

A Veiga anima o resto dos concellos do Eo-Navia a inmitar a medida e "acabar co medo a perder votos: Nada ten que ver co nacionalismo"

En declaracións ao diario El Comercio, o concelleiro de Cultura, Abel Pérez, instaba o resto de municipios do occidente asturiano a imitar a súa ordenanza e "acabar co medo a perder votos, xa que nada ten que ver co nacionalismo". "As corporacións deben fomentar o uso da nosa lingua se os políticos non amosamos interese no galego-asturiano, dificilmente a xente o fará malia ser unha lingua viva", dixo quen anunciou tamén unha partida nos Orzamentos da Veiga en 2016 para fomentar o uso escrito da lingua. 

Desde a RAG destácase a valentía dunha decisión que "pode causar problemas co Goberno do Principado" ante as fortes "reticencias" que sempre mostrou o Executivo asturiano para recoñecer a oficialidade do galego do Eo-Navia. Ademais, fontes da Academia lembran que a polémica lingüística "é moi recente, duns 20 ou 25 anos atrás" e recordan que non hai dúbida desde o ámbito filolóxico no carácter galego destas falas de Asturias. https://youtu.be/FW_vlK9_JIk

http://praza.gal/politica/10962/o-concello-asturiano-da-veiga-declara-oficial-o-galego-no-seu-municipio/

Ben falado! O galego de Asturias

Capítulo do micro-espazo Ben falado!, espazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega que se emitiu hai uns anos na TVG. Foi dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruib

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago