Información
Portada

Rosa Quintana "aperta" e asfixia á flota galega coa súa nefasta presenza en Bruxelas e "negocia a porta pechada" a expansión da acuicultura nas rías galegas para regalalas laminadas aos lobys estranxeiros do sector.

Información
14 Diciembre 2017 2231 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 O cerco galego denunciou que "sae moi mal parado" cos recortes de cotas de jurel e caballa, e os armadores de Vigo valoran que se lograse "minimizar" a baixada prevista para a merluza. Primeramente, o portavoz da principal asociación de cerco galega (Acerga), Andrés García, denuncia que esta flota "sae moi mal parada" e "claramente prexudicada" dos recortes de cotas acordadas en Bruxelas "cunha baixada do 24% de jurel ao Sur de Fisterra (IXa) e do 20% na caballa. Mentres Basilio Otero e Tomás Fajardo se colocan departe da Conselleira e do PPdeG, criminalizando aos seus representados.

 A isto únese que aínda non se sabe" si o ano que vén os cerqueros galegos poderán pescar sardina, xa que se deberá esperar a xaneiro para coñecer si Bruxelas acepta o plan de xestión conxunta entre España e Portugal, que ademais supón unha rebaixa do 14% en capturas.

García sostivo que o jurel e a sardina "atópanse en perfecto estado" en Galicia e "en absoluto" existe un problema coas súas poboacións.

 "Non o entendemos", queixouse. "En Bruxelas de que pensan que vive o cerco"", lamenta Andrés García.

 "Non sabemos que imos a pescar", resume tralo acordo alcanzado polos ministros de Pesca da UE logo de 22 horas de negociación. Con todo, valora o incremento do 21% nas posibilidades de pesca de jurel no Cantábrico (a VIIIc), pero recorda que se produce tras "anos" de baixadas que supuxeron un 40% menos.

 Preguntado sobre a opción do trasvase de posibilidades de pesca de jurel da VIIIc á IXa, García non o ve "prudente", pois ata agora trasladábase cota da IXa á VIIIc "porque é a que menos ten", por iso aínda que agora esta última teña un alza leva anos de baixada. Ademais, o portavoz de Acerga considera difícil conseguir intercambios co arrastre para unha reasignación porque tamén padece un descenso nas súas cotas.

 Respecto ao alza na anchoa na IXa, afirma que, aínda que haxa unha subida, para Galicia irá parar moi pouco pois só ten o 1,14%.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)