Información
Portada

Recoñecen que espían e a instalación de cámaras ocultas na cafetería de persoal do CHUS ( Sergas, Xunta de Galicia gonbernada polo PPdeG ).

Información
26 Septiembre 2017 2745 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Non se descarta en declaracións a este medio que detrás das cámaras ocultas poida estar o Goberno de Feijóo (PPdeG) para doblegar persoal rebelde aos recortes dos recursos da saude.

Ao día seguinte de presentarse a denuncia pública da CIG pola aparición dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal da cafetería do Hospital Clínico, a empresa ARAMARK mantivo unha reunión co comité de empresa na que recoñeceu a súa instalación. Porén, o xerente da concesionaria asegurou descoñecer se hai máis cámaras ocultas argüíndo que esta fora unha decisión adoptada polos servizos centrais da empresa en Barcelona. A CIG considera que a gravidade do asunto é aínda maior porque nin se sabe se hai máis cámaras, nin que se está facendo coas gravacións.

O secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Alonso, explica que segundo a empresa esta contratou un detective porque apreciou un descadre de caixa e que foi o propi detective quen instalou a cámara para investigar o asunto.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (17-09-25 Informe cámara oculta cafeteria CHUS.pdf)17-09-25 Informe cámara oculta cafeteria CHUS.pdf 165 kB

Aínda así, “entendemos que é totalmente desproporcionada a medida adoptada porque de ser isto certo tiñan que ter informado ao comité de empresa do que estaba a acontecer e das medidas que ía adoptar”, explica Alonso. Máis cando o comité de empresa solicitou en reiteradas ocasións o informe das cámaras que están instaladas á vista.  

A isto engade o agravante de que a cámara tiña micro, tal e como a empresa recoñece no informe aportado polo detective. Porén, denuncia que “non puidemos comprobar estes feitos porque non se nos permitiu o acceso a esas imaxes para confirmar a veracidade destas acusacións”.

Para a CIG-Servizos tamén é grave que o xerente da cafetería do hospital non coñecera a instalación das cámaras ocultas como o feito de que se poñan cámaras destas características sen informar previamente a Xerencia do CHUS.

Roberto Alonso négalle veracidade ao informe presentado porque foi elaborado pola mesma persoa que instalou a cámara, “cando descoñecemos se está informada a Axencia Estatal de Protección de Datos”. Tamén se pregunta quen lle facilitaba o acceso, unha vez ao mes, a cafetería para acceder ao disco duro onde se gardaba o material gravado e “o máis sorprendente é que, de ser certo o que pon o informe, como é posíbel que o mesmo día que se atopou a cámara esta se retirara, xa que ao día seguinte xa non estaba”.

Isto reforza, para a CIG-Servizos a denuncia de que estaba instalada de forma ilegal porque “de ser legal, non correrían a retirala o mesmo día en que foi atopada”. Ademais insiste en que, de ser certa a xustificación da empresa, terían que probalo aportando as imaxes.